
|
Ricardo Carvalho Calero, naceu en Ferrol o 30 de outono de 1910.
En Ferrol pasa a súa infancia e primeira mocidade estudia por libre o
bacharelato. De 1926 a 1923 estudia a carreira de Dereito e fai o servicio
militar en Compostela, onde toma contacto co galeguismo sobre todo por
medio do Seminario de Estudios Galegos, colabora na revista "Nós".Nestes
anos universitarios participa na política se signo nacionalista e esquerdista
na Federación Universitaria Escolar na que chega a ser seu presidente.
Participa en 1931 na creación do Partido Galeguista e dende aos seus coñecementos
de dereito contribuie ao Anteproxecto de Estatuto de Galiza.En 1933 a
1936 volta a Ferrol e gaña a praza de auxiliar administrativo no Concello
da cidade, e casa con María Ignacia Ramos, licenciada en historia e compañeira
de estudios universitarios. Estudia por libre a carreira de Filosofía
e Letras, licenciándose en 1936 pola universidade compostelán, participando
activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional,
sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. Carballo Calero xa é un
recoñecido escritor, nesta época ten publicados catro libros , sendo de
1934 o titulado "O silencio axionllado". A guerra civil o colle en Madrid
cando concorría ás probas para profesor de Instituto de Bacharelato en
Lingua e Literatura Española. Ten que quedar en Madrid participando na
súa defensa como miliciano, logo incorporase ao exército republicano co
grao de tenente. En 1939 os gañadores "o franquismo" o condenan en consello
de guerra a 12 anos saíndo do cárcere en liberdade provisional en 1941
regresando a Ferrol xunto a súa familia. Impídenlle traballar no ensino
público e ten que facelo no privado, volta a manter contactos co galeguismo
que permanecía na Terra en especial con Francisco Fernández del Riego
con quen mantivo correspondencia dende a cadea. En 1950 exerce como conselleiro
delegado "non estaba autorizado para ser director polo réxime franquista"
no Colexio Fingoi de Lugo.En 1955 doutorase en Madrid con premio extraordinario
en Filosofía e Letras. En 1958 ingresa na Real Academia Galega. En 1965
se lle autoriza a exerce-lo ensino público como agregado de Lingua e Literatura
Española en S. Compostela, e da clases de galego na Universidade, cando
se crea a praza de Catedrático numerario en Lingua Galega a gaña por oposición
en 1972. Dende 1980, cando se xubila mantén a súa actividade intelectual
e de defensa do galego, defende a unidade co portugués contra a
pretensión de subordinación ao castelán. A morte lle ven en 1990 en Compostela.
|