Información de Galiza e do mundo
Cidades de Galiza e concellos de Ferrol terra
Ferrol PATRIMONIO DA HUMANIDADE
A importancia histórica e cultural do conxunto formado polos castelos da ría de Ferrol e do Arsenal Militar, froito da racionalidade da Ilustración, é de sobra coñecida por todo os ferroláns. Estas instalacións constituían, no século XVIII, a mayor base naval militar de Europa e facían da ría un fortín inexpugnable desde o mar, tal e como amosan as infructuosas incursións inglesas.
Narón Nos últimos vintecinco anos Narón ten dado pasos fundamentais na construcción dun concello moderno e economicamente activo. Pero darlle forma a un municipio é tarefa de anos, un traballo que nunca remata. A oitava área urbana de Galicia vaise construíndo co esforzo diario de cada veciño e veciña nos máis diversos eidos.
Fene Portal da cidadanía do concello de Fene, un medio de información, comunicación e interrrelación
Mugardos Mugardos perfil de vila mariñeira, co seu pintoresco peirao e o seu concorrido paseo marítimo; o peculiar trazado das súas rúas, a súa arquitectura de vistosas cores e de balcóns ao mar; unha historia singular relacionada co seu estratéxico emprazamento na ría... todo en Mugardos está vinculado co mar, sendo a súa exquisita gastronomía —co polbo á mugardesa como achega xenuína á cociña mundial— o polo de atracción de xentes de dentro e fóra da comarca ao longo de todo o ano.
Lugo A máis antiga capital de Galicia, de orixe romana (aínda que algunhas teses sosteñen que pode estar asentada sobre un castro celta) fundada no ano 25 adC que está bañada polo río Miño . É a capital da provincia do mesmo nome. A súa muralla romana foi declarada partimonio da humanidade.
A Coruña A Coruña, cidade de mar, de sal e de area. Dous mil anos de historia contados un a un pola Torre de Hércules. Faro incansable e lendario que acendeu a súa luz para descubrir a gran cidade que moitos imaxinaran.
O Océano abrázaa e non a quere soltar; celoso, de que outros descubran os segredos que esconde. Un balcón do Atlántico dende o que podes imaxinar e soñar.
Vigo Boas praias, instalacións apropiadas para a práctica de deportes náuticos, concertos de todos os estilos musicais,o mercado da Pedra, o Zoo, as illas Cíes... Os recursos turísticos de Vigo fan da cidade un destino atractivo para pasar unhas agradables vacacións á beira do Atlántico.
Pontevedra A cidade localízase no fondo da ría de Pontevedra, na desembocadura do Lérez. Está asentada nun outeiro rochoso relativamente aplainado pola erosión que, ainda que non é de moita altura, fai que o Lérez a arrodee polo norte antes de abrirse á ría. Por esta razón as únicas rúas que son algo empinadas son as que baixan á ribeira. O emprazamento resulta estratéxico, xa que é o primeiro punto, vindo desde o mar, a través da ría, polo que se pode cruzar de norte a sul.
Santiago de Compostela É a capital de Galiza. Santiago de Compostela foi declarada en 1985 Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco, ao considerar que a súa beleza urbana e a súa integridade monumental se engadían aos profundos ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento relixioso e cultural da Idade Media: a peregrinación polo Camiño de Santiago.
Ourense Está atravesada polos ríos Miño , Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68ºC). Destacan como monumentos a Catedral de Ourense ( Século XII ) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, O Claustro de San Francisco, as igrexas da Trindade e San Domingos, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación.
Vilagarcia de Arousa Vilagarcía, capital da Ría de Arousa e porto natural de Santiago de Compostela, conta cunha poboación de case 35.000 habitantes, o que a converte na oitava cidade de Galicia. Polas súas características xeográficas, é un foco de atracción para moitas persoas, que escollen esta cidade para fixa-la súa residencia, xa sexa primeira, segunda ou de vacacións.