| A nosa música | Discos |
Biografías, letras | Libros e partituras | ||||||||||||||||||
![]() |
A GAITA DE SARANDÓN REQUINTEIROS DA ULLA Varios. Edita: do Cumio. |
PABLO CARPINTERO GAITAS VELLAS Edita: do Cumio. |
|||||||||||||||||||
| A Gaita de Sarandón é o último grupo de requinteiros vetereranos en activo da comarca da Ulla. Este disco recolle un feixe de temas do repertorio do grupo protagonizado por este peculiar instrumento A REQUINTA. | Gaiteiro recompilador de melodías e gaitas antigas. Ofrécenos o son e o gusto dos gaiteiros doutros tempos. | ||||||||||||||||||||
![]() |
MANUEL VIQUEIRA O GAITEIRO DE VILAVERDE Edita: do Cumio. |
![]() |
OS AREEIRAS DE CATOIRA O LEGADO DOS AREEIRAS DE CATOIRA Edita: do Cumio. |
||||||||||||||||||
| Manuel Viqueira é un gaiteiro xenuíno, dos últimos representantes do oficio puro, que conserva un dos estilos máis peculiares de Galicia. | Este grupo fundado en 1943 mantivo a súa actividade ata a década de 1980, con escasas variacións na súa formación. Cuarteto de valores singulares na denominada música popular das Rías Baixas, polo seu especial estilo interpretativo, vivo e brillante. Ofrecemos este documento de audio xa que eran escasas as referencias gravadas ata hoxe. | ||||||||||||||||||||
![]() |
OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA DE AROUSA Edita: do Cumio. |
![]() |
RAMÓN SUMAY A ALMA DOS AREEIRAS DE CATOIRA Edita: do Cumio. |
||||||||||||||||||
| Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa naceron artísticamente, no ano 1926. Dominaron a gaita, e mesmo a construción de foles e palletas, consideraban que os ensaios eran a base para tocar ben. Eles mesmos ensaiaban cando xa ían vellos, daí a súa coordinación, o que lles ía dar a nomeada de que non había quen os tumbara. Pero se, de entre todo o que lle deron á música tradicional de Galicia, tiveramos que escoller unha cousa, coido que teriamos que elixir a súa creatividade, pois foi o grupo que máis pezas orixinais achegou ao repertorio gaiteiril, destacando sobre todo as polcas, compostas con verdadeira orixinalidade. O repertorio (ou reportaxe, como lles gustaba dicir a eles) que reflectimos neste traballo é, básicamente, o primeiro disco que editou a casa BELTER, de Barcelona, ao que lle engadimos tres pezas recompiladas en gravacions caseiras: polca, paupurrio e muiñeira. As tres son ben representativas do repertorio e do xeito de tocar do grupo e, aínda que non posúan a calidade de gravación que se pode conseguir cos trebellos dunha casa discográfica, a testemuña documental supera calquera carencia. Así tocaban e soaban Os Campaneiros nunha alborada, procesión ou romaría. |
Ramón Sumay, despois de facer parella con Agustín Lorenzo, dos Brisas do Ulla, fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira, xunto cos seus irmáns Tito e Agustín e con Alfonso Díez, O Zapateiro. Ata a década de 1980 mantívose activo este cuarteto. Neste disco ofrecemos gravacións inéditas do repertorio de Ramón Sumay como un documento de audio que fundamental para a historia da nosa música popular. | ||||||||||||||||||||
![]() |
CÉSAR FERNÁNDEZ REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA. GAITA E TROMPA. Edita: do Cumio. |
![]() |
JOSÉ MARENTES REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA Edita: do Cumio. |
||||||||||||||||||
| Ramón Sumay, despois de facer parella con Agustín Lorenzo, dos Brisas do Ulla, fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira, xunto cos seus irmáns Tito e Agustín e con Alfonso Díez, O Zapateiro. Ata a década de 1980 mantívose activo este cuarteto. Neste disco ofrecemos gravacións inéditas do repertorio de Ramón Sumay como un documento de audio que fundamental para a historia da nosa música popular. | Velaquí o último representante dun estilo interpretativo desaparecido baseado nunha complexa técnica de picado. Inclúe vídeo. | ||||||||||||||||||||
| A REQUINTA DE XIÁN REPERTORIO DA REQUINTA DE CARCACÍA, DOS AIRIÑOS DA ULLA, DA GAITA DE VEDRA… Edita: do Cumio. |
![]() |
OS ENCANTIÑOS DO UMIA Edita: do Cumio. |
|||||||||||||||||||
| Co repertorio de históricos como "Os airiños da Ulla" ou "A requinta de Cacacía" a direción artística deste traballo vai da man da experiencia de Pablo Carpintero. | Estes músicos veñen sendo un dos últimos gaiteiros vellos en activo nas terras do Salnés. Gaiteiros das Rías Baixas, denominación de orixe. | ||||||||||||||||||||
| NOITAREGA REPERTORIO DOS SOUTELOS, CRUCEIROS, MORENOS E HENRIQUE OTERO Edita: do Cumio. |
|||||||||||||||||||||
| Noitarega amósanos o repertorio de grupos de gaiteiros con moita sona en Galicia: “Os Morenos” de Lavadores, “Os Cruceiros” de Vigo, “Os Gaiteiros de Soutelo” e o mestre Enrique Otero Covelo, de Vigo. | |||||||||||||||||||||
![]() |
Aires d'a terra (1904) |
![]() |
Os Dezas de moneixas As cartas sonoras |
||||||||||||||||||
En
1904 un estudo móbil da Compagnie Française du Gramophone
desprázase de París ata a cidade de A Coruña para impresionar
ao Coro Aires d'a terra de Pontevedra (1883-1914) dirixido polo lexendario
gaiteiro Perfecto Freijóo. Un total de 18 melodías editadas
orixinalmente en disco de gramófono que se constituien como as máis
antigas gravacións existentes sobre a tradición musical galega.
|
A comunicación entre a emigración galega e
os seus familiares mudou radicalmente cando nos anos 60 se unverdalizou
o uso do magnetofono. Os Dezas de Moneiras participaron na gravación
dunha serie de fitas enviadas a familiares en Caracas que hoce se nos descobren
como un documento de excepción: As cartas sonoras con cinco muiñeiras coas de Lalín e Monforte, tres Jotas coa de Cruces, dous pasodobles co de Lalín, Ei Moneixas, Vals Maruxa, Quer que lle quer, A Regueifa, O que é meu, O burro da tía Lola, Airiños e Foliada. |
||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Berrogüetto |
![]() |
Milladoiro O mais internacional dos grupos folck galegos. Unha institución que hai que escoitar, esa é a súa mellor presentación. Este como outros e un excelente disco. Auga de Maio PVP: conforme tarifa |
||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Na Lúa Os tempos son Chegados. |
||||||||||||||||||||