Limiar libros, librería punto de encuentro de cultura, desde Galicia, ESpaña, EUropa, para el mundo
logolimiar
info/orreoAviso legal
buscaweb
Busca-web
Somos
Ensaio
Historia
Literatura
gal-esp
Técnica Divulgación Deporte Infantil,
 xuvenil
Mundo

Ciencias

Galiza Pago envío
pago/envio
Videos,
música
en facebook
           Discos
A nosa música 
Cine
A GAITA DE SARANDÓN
REQUINTEIROS DA ULLA

Varios.
Edita: do Cumio.
 
PABLO CARPINTERO
GAITAS VELLAS

Edita: do Cumio.
A Gaita de Sarandón é o último grupo de requinteiros vetereranos en activo da comarca da Ulla. Este disco recolle un feixe de temas do repertorio do grupo protagonizado por este peculiar instrumento A REQUINTA. Gaiteiro recompilador de melodías e gaitas antigas. Ofrécenos o son e o gusto dos gaiteiros doutros tempos.
MANUEL VIQUEIRA
O GAITEIRO DE VILAVERDE

Edita: do Cumio.
OS AREEIRAS DE CATOIRA
O LEGADO DOS AREEIRAS DE CATOIRA

Edita: do Cumio.
 
Manuel Viqueira é un gaiteiro xenuíno, dos últimos representantes do oficio puro, que conserva un dos estilos máis peculiares de Galicia. Este grupo fundado en 1943 mantivo a súa actividade ata a década de 1980, con escasas variacións na súa formación. Cuarteto de valores singulares na denominada música popular das Rías Baixas, polo seu especial estilo interpretativo, vivo e brillante. Ofrecemos este documento de audio xa que eran escasas as referencias gravadas ata hoxe.
OS CAMPANEIROS
DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Edita: do Cumio.
 
RAMÓN SUMAY
A ALMA DOS AREEIRAS DE CATOIRA

Edita: do Cumio.
Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa naceron artísticamente, no ano 1926. Dominaron a gaita, e mesmo a construción de foles e palletas, consideraban que os ensaios eran a base para tocar ben. Eles mesmos ensaiaban cando xa ían vellos, daí a súa coordinación, o que lles ía dar a nomeada de que non había quen os tumbara. Pero se, de entre todo o que lle deron á música tradicional de Galicia, tiveramos que escoller unha cousa, coido que teriamos que elixir a súa creatividade, pois foi o grupo que máis pezas orixinais achegou ao repertorio gaiteiril, destacando sobre todo as polcas, compostas con verdadeira orixinalidade.
O repertorio (ou reportaxe, como lles gustaba dicir a eles) que reflectimos neste traballo é, básicamente, o primeiro disco que editou a casa BELTER, de Barcelona, ao que lle engadimos tres pezas recompiladas en gravacions caseiras: polca, paupurrio e muiñeira. As tres son ben representativas do repertorio e do xeito de tocar do grupo e, aínda que non posúan a calidade de gravación que se pode conseguir cos trebellos dunha casa discográfica, a testemuña documental supera calquera carencia. Así tocaban e soaban Os Campaneiros nunha alborada, procesión ou romaría.
Ramón Sumay, despois de facer parella con Agustín Lorenzo, dos Brisas do Ulla, fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira, xunto cos seus irmáns Tito e Agustín e con Alfonso Díez, O Zapateiro. Ata a década de 1980 mantívose activo este cuarteto. Neste disco ofrecemos gravacións inéditas do repertorio de Ramón Sumay como un documento de audio que fundamental para a historia da nosa música popular.
CÉSAR FERNÁNDEZ
REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA. GAITA E TROMPA.

Edita: do Cumio.
JOSÉ MARENTES
REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA

Edita: do Cumio.
Ramón Sumay, despois de facer parella con Agustín Lorenzo, dos Brisas do Ulla, fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira, xunto cos seus irmáns Tito e Agustín e con Alfonso Díez, O Zapateiro. Ata a década de 1980 mantívose activo este cuarteto. Neste disco ofrecemos gravacións inéditas do repertorio de Ramón Sumay como un documento de audio que fundamental para a historia da nosa música popular. Velaquí o último representante dun estilo interpretativo desaparecido baseado nunha complexa técnica de picado. Inclúe vídeo.
A REQUINTA DE XIÁN
REPERTORIO DA REQUINTA DE CARCACÍA, DOS AIRIÑOS DA ULLA, DA GAITA DE VEDRA…

Edita: do Cumio.
OS ENCANTIÑOS DO UMIA
Edita: do Cumio.
Co repertorio de históricos como "Os airiños da Ulla" ou "A requinta de Cacacía" a direción artística deste traballo vai da man da experiencia de Pablo Carpintero. Estes músicos veñen sendo un dos últimos gaiteiros vellos en activo nas terras do Salnés. Gaiteiros das Rías Baixas, denominación de orixe.
NOITAREGA
REPERTORIO DOS SOUTELOS, CRUCEIROS,
MORENOS E HENRIQUE OTERO

Edita: do Cumio.
cd
cd

Na Lúa
O grupo folk de Galiza mais veterano, e con unhas cancións e música de gran calidade.

Os tempos son Chegados.
Feitizo

PVP: conforme tarifa

Noitarega amósanos o repertorio de grupos de gaiteiros con moita sona en Galicia: Os Morenos de Lavadores, Os Cruceiros de Vigo, Os Gaiteiros de Soutelo e o mestre Enrique Otero Covelo, de Vigo.  
Aires d'a terra (1904)

Os Dezas de moneixas
As cartas sonoras


En 1904 un estudo móbil da Compagnie Française du Gramophone desprázase de París ata a cidade de A Coruña para impresionar ao Coro Aires d'a terra de Pontevedra (1883-1914) dirixido polo lexendario gaiteiro Perfecto Freijóo. Un total de 18 melodías editadas orixinalmente en disco de gramófono que se constituien como as máis antigas gravacións existentes sobre a tradición musical galega.
1/ Foliada da montaña 

10/ Foliada nº1

2/ Foliada das Rías Baixas 11/ Alalá nº2
3/ Cantigas da Ulla 12/ Alalá nº3
4/ Foliada de romeros 13/ Foliada nº2
5/ Canto de fiada

14/ Alalá nº4

6/ Muiñeira coreada 15/ Cantiga popular
7/ Ribeirana 16/ Cantar de pandeiro
8/ Alborada 17/ Coplas de cego
9/ Alalá nº1 18/ Muiñeira
A comunicación entre a emigración galega e os seus familiares mudou radicalmente cando nos anos 60 se unverdalizou o uso do magnetofono. Os Dezas de Moneiras participaron na gravación dunha serie de fitas enviadas a familiares en Caracas que hoce se nos descobren como un documento de excepción: As cartas sonoras
con cinco muiñeiras coas de Lalín e Monforte, tres Jotas coa de Cruces, dous pasodobles co de Lalín, Ei Moneixas, Vals Maruxa, Quer que lle quer, A Regueifa, O que é meu, O burro da tía Lola, Airiños e Foliada. 

Berrogüetto
A música e o seu principal elemento. Música folk galega que trasnportate a outro mundo imaxinario.

Navicularia
Hepta

PVP: conforme tarifa



arriba

Milladoiro

O mais internacional dos grupos folck galegos. Unha institución que hai que escoitar, esa é a súa mellor presentación. Este como outros e un excelente disco.

Auga de Maio
PVP: conforme tarifa