Información de Galiza e do mundo
Artistas, artes e museos  
Agrupación Folclórica "Cantigas e Agarimos" (Santiago de Compostela) Cantigas e Agarimos fue fundada en Santiago de Compostela en el año 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique S. Guerra y C. Díaz Baliño, siendo, por lo tanto, una de las cuatro agrupaciones históricas del folclore gallego, que surgieron de la necesidad de expresión de lo que se dio en llamar “nacionalismo popular”.
Arquitectura Galega A idea de crear unha web de Arquitectura galega xurdiu alá polo ano 1997, cando isto da Internet era algo estrano e case "unha cousa do demo" (hai que ver como mudan as ideas, os conceptos, e sobor de todo a xente...) froito dunha inquietude persoal polo mundo galego xunto co interese pola Arquitectura procurando dalgún xeito concilia-las dúas realidades. De feito o ánimo "investigador" podía máis que o descoñecemento xeral da cuestión e das teorías e na busca de publicar as miñas conclusiós ou contribuciós dun xeito asequible atopei a posibilidade de ofrece-lo meu traballo a través da Rede, primeiro en pequenos resumos que tiñan que ser enviados por correo-e ó webmaster da miña primeira páxina pra que os publicara e logo pouco a pouco ampliando a "casa virtual", ata chegar á situación actual na que o Sitio da Arquitectura Galega na Rede leva xa anos funcionando e ofrecendo os seus contidos .
Asociación Cultural "Cántigas e Frores" (Lugo) A asociación cultural “Cantigas e Frores” foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións “Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”. Ambas agrupacións procedían da excisión do “Orfeón Galego” que dirixía o mestre Xoán Montes.
Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia É unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando aos/ás actores/actrices e directores/as de Galicia.
Asociación de Amigos dos Museos de Galicia "Portas Ártabras" (Coruña) Asociación pioneira en Galicia en actividades en relación coa sensibilización, conservación, incremento, estudio, difusión do relativo tanto ao continente como ao contido dos Museos e moi especialmente co patrimonio cultural material e intelectual: arqueoloxía, historia, arte , tradicións, ciencia, paisaxe...
Asociación de Gaiteiros Galegos
Portal de encontro para todol@s gaiteir@s
Asociación Galega de Artesáns É unha asociación profesional constituida en 1983 que agrupa a 400 artesáns de diferentes oficios de toda Galicia.
Asociación Galega de Profesionais da Ilustración Actualmente a AGPI aglutina a ilustradores, procedentes de todas as vertentes da creación visual aplicada, e está aberta a todos os profesionais que desenvolven a súa actividade neste ámbito.
Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia A finais dos anos 80 fundouse en Santiago de Compostela a Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia co obxectivo de unir os intereses comúns dunha serie de pequenas empresas que, naquel momento, realizaban en solitario unha ardua labor de promoción e exhibición de artistas contemporáneos.
Banda de Música "Unión de Guláns" (Ponteareas) En 1870, en Guláns, aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de música "UNION DE GULÁNS", unha das máis antigas de Galicia.
O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despóis o seu neto José, sucedérono coma directores, mantendo así viva esta agrupación musical ata o ano 1947.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia créase no ano 1973, por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia (Decreto de 2 de maio de 1973). A Asamblea constitutiva ten lugar en Santiago no mes de outubro do mesmo ano. Desde entón o COAG desenrolou unha labor na que se combinan a atención ós aspectos profesionais e de servicio ó colexiado, coa incidencia na problemática de Galicia en aspectos culturais, sociais, económicos e de planeamento, procurando sempre a colaboración e participación nas esferas político-administrativas, docentes e culturais.
Consello Galego de Museos En 1981 organizouse en Compostela o primeiro Coloquio de Museos Galegos, que foi a primeira tentativa de establecer unhas liñas de coordinación e cooperación entre os museos de Galicia. Entre as conclusións daquel primeiro encontro formulábase o propósito de constituír unha plataforma estable que posibilitase a "coordinación e colaboración entre as institucións museísticas galegas, e que tería como función primordial a de procurar solucións para a problemática xeral plantexada". Será en 1983 cando se formalice a creación do Consello Galego de Museos, que como tal é invitado a designar un representante no recén creado Consello da Cultura Galega. Pero é en 1990 cando o Consello Galego de Museos adquire estatuto legal mediante a fórmula de asociación de ámbito galego. A acta fundacional, asinada o 21 de xullo, aparece subscrita por dez Museos, de moi diversa titularidade; no día de hoxe, son vintenove os centros incorporados ao Consello.
Conservatorio de Música Tradicional e Folque (Lalín)
Fundación Curros Enríquez A Fundación ten por obxecto promover e difundir o coñecemento da vida e da obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros poetas e escritores relacionados con Celanova.
Fundación Granell (Santiago de Compostela) La Fundación Eugenio Granell se incorporó a Santiago de Compostela en 1995. Eugenio Granell es un pintor surrealista nacido en A Coruña (1912-2001, Madrid), vivió su niñez y juventud en Santiago de Compostela. Granell inició su vida artística como violinista.
Fundación Luis Seoane (Coruña)
Fundación Reveriano Soutullo Otero
Fundación Sotelo Blanco (San Marcos, Santiago de Compostela)
Fundación Vicente Risco (Allariz) A Fundación Vicente Risco abre o sector xeneralista das súas instalacións e adía a dos andares especializados, mentres traballa arreo no delicado labor de seleccionar a documentación, para a pór a disposición dos investigadores e estudosos.
Fundación Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces) A sede da Fundación Xosé Neira Vilas radica na casa onde naceu o escritor. Unha modesta casa campesiña que se acha no núcleo orixinal da parroquia de Gres. Neira Vilas herdouna de seus pais e decidiron, el e a súa muller, Anisia Miranda, doala á Xunta de Galicia coa condición de que fose restaurada e se instalase nela unha biblioteca pública.
Museo Castelao Dende o 7 de xaneiro do 2000, cincuenta anos despois da súa morte en Bos Aires, a vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasarán a ser un patrimonio accesible a todo o mundo e servirán para tender unha ponte entre a memoria histórica e o presente. A posta en marcha do primeiro museo virtual de Galicia, destinado á figura de Castelao, servirá para que os cidadáns poidan ter acceso e profundizar na ampla e diversa obra do máis ilustre dos nosos persoeiros.
Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei) O Castro de Viladonga , que destaca na paisaxe da parte N.E. da Terra Chá lucense, empezouse a escavar en 1971 (ata 1978 por M.Chamoso Lamas; desde 1982 baixo a dirección de F.Arias Vilas) e continúan nel, de forma periódica, os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.
Museo do Humor (Fene) Situado na Casa da Cultura de Fene, na bisbarra de Ferrol, o Museo do Humor é o único do seu xénero en todo o Estado español.
Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, baixo os auspicios dun Padroado integrado por boa parte das institucións que aglutinan a quen traballan en prol da cultura de Galicia, por un amplo número de especialistas nas distintas áreas da mesma e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval , cedido polo Concello de Santiago de Compostela.
Museo Etnográfico Liste (Vigo) Museo Liste Vigo, nace desde la Fundación, con el principal objetivo del conocimiento y difusión del patrimonio etnográfico gallego.El Museo se instala en una vivienda unifamiliar de mediados del S. XX, remodelada, con una superficie útil de 590 m2, y bordeada de finca de 5000 m2.Se distribuye en cuatro plantas: Planta baja, primera, segunda, y bajocubierta, donde se sitúan los servicios de dirección y administración.Las obras de adaptación de la vivienda, que hasta 1994 fue vivienda unifamiliar, se limitaron al tratamiento interior de paramentos, con demolición de tabiques, procurando espacios acordes a los nuevos contenidos. Un total de 5000 m2 bordean el edificio
Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela) O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro específico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia, posibilitando así a súa catalogación, sistematización e custodia. Deste xeito, asegurarase a súa permanencia no tempo, fomentarase a súa indagación científica e propiciarase a súa transmisión como legado vivo e en emerxencia continua ao acervo cultural de Galicia.
Museo Provincial de Lugo
Museo Virtual Deputación de Ourense Ourense é unha cidade interesante para quen busca a súa parte antiga e histórica, fermosamente recuperada.
Sargadelos Unha empresa galega para unha nación