Información de Galiza e do mundo
Ecoloxía e defensa da natureza Clientes / Webs amigas
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Unha organizacion independente pola defensa da ecoloxía galega, a máis veterana. ADEGA leva máis de 30 anos erguendo a súa voz en defensa do ambiente do que depende a calidade de vida dos galegos e galegas.
Sociedade galega de Historia Natural A Sociedade Galega de Historia Natural, formada en 1973, é  "unha asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos"
Asociación Entomolóxica Galega "Luis Iglesias" Coa intención de dar pulo aos estudos entomolóxicos na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíuse a Asociación Entomolóxica Galega "Luis Iglesias" (AEGA) . A súa intención é agrupar e servir de voceiro a todas as persoas e institucións que teñan algo que dicir sobre a súa fauna entomolóxica e que se sintan comprometidas co seu estudo. 
Sociedade Galega de Ornitoloxía A Sociedade Galega de Ornitoloxía foi fundada nunha asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela o 8 de Maio de 1999, a iniciativa de varios ornitólogos galegos e despois de varias reunións iniciais. Estes vían interesante a creación dunha asociación dedicada exclusivamente ás aves en Galicia, á observación, ó estudio e á conservación delas e os seus hábitats.
Verdegaia asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial