| Educación e pegagóxia na Galiza | ||
| Mesa pola normalización lingüística | A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. | |
| Asociación Galega de Docentes de Educación Física | Promove-lo desenrolo da Educación Física. Servir de nexo para o intercambio de experiencias e ideas. Actualiza-lo nivel profesional e pedagóxico dos docentes de Educación Física. | |
| Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) | Facilita-la actualización do Profesorado de Matemáticas, difundi-las correntes do pensamento matemático, transmiti-las innovacións educativas e difundi-las distintas correntes para a ensinanza e a aprendizaxe matemática. | |
| Asociación Socio-Pedagóxica Galega | Movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e asociación sociocultural, a AS-PG está integrada por máis de mil asociados e asociadas de todo o país, vencellados directa ou indirectamente cos ensinos Primario, Secundario e Universitario. Trinta anos de actividade ininterrompida avalan a traxectoria da AS-PG: formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc. |
|
| Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento" | Fundado en el año 1944, el "Instituto Padre Sarmiento" ha sido desde entonces el catalizador de una muy importante obra cultural y científica, continuadora en buena parte de la que hasta su clausura realizara el célebre "Seminario de Estudos Galegos". Situado en el "casco histórico" de Santiago de Compostela, ha sido y es sede de un gran número de exposiciones y actos académicos . Lugar de encuentro de eruditos gallegos, su personal colaborador es responsable de importantes labores de investigación en el ámbito de las humanidades y ciencias sociales. | |
| edugaliza.org (recursos educativos) |
Edugaliza é un sitio web independente sen ningún tipo de apoio financieiro por parte de ningún organismo público nin privado. Edugaliza é único fruto do traballo desinteresado de todos os profisionais galegos do ensino que colaboran na súa elaboración sen recibir ningún tipo de compensación polo mesmo salvo a gratificación moral da utilidade que todo isto poida ter para os compañeiros de profisión. | |
| Fundación "Preescolar na Casa" | Un programa de formación de pais co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos fillos a través da reflexión sobre o acontencer da vida diaria. Educar en familia - Preescolar na casa quere ser un referente educativo para as familias e para tódalas persoas relacionadas coa atención e a formación dos nenos. |
|
| Seminario Galego de Educación para a Paz | O Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz. | |
| Sociedade Galega de Educación Ambiental | A Sociedade Galega de Educación Ambiental é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando, algúns dende finais da década dos setenta, na promoción da Educación Ambiental en Galicia e que desexan asociarse para darlle continuidade e profundidade a este traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construcción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente. | |
| Wikipedia en galego | Benvidos á Galipedia , a versión en galego da Wikipedia . Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír. | |
| Nova Escola Galega (movemento de renovación pedagóxica) | Co nome de NOVA ESCOLA GALEGA nacía, o 11 de Xuño de 1983, en Santiago de Compostela, un movemento asociativo de base, coa finalidade xeral de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes galegos de calquera nivel educativo e de todas as persoas socias e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo GALEGO, PÚBLICO e DEMOCRÁTICO. | |
|
APOEGAL nace cunha idea clara: defender e promover a Orientación Educativa en tódalas súas vertentes. | |