| Sindicatos | |
| Confederación Intersindical Galega | A CIG é unha organización sindical que afirma, dia a dia, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses imediatos e xerais das traballadoras e dos traballadores galegos na perspectiva da transformación social. Define-se como unha organización nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberania política, ao servizo de intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberania e o exercício do direito de Autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independéncia e autonomia sindicais, reclamamo-nos parte do movimento nacionalista galego. |
| Sindicato Labrego Galego | O SLG-CCLL é un sindicato de base, democrático, progresista e independente, que defende un desenvolvemento harmonioso do mundo rural galego. |
| Comisións Obreiras | O Sindicato Nacional de CC. OO. de Galicia é un sindicato autónomo galego, de homes e mulleres, democrático, sociopolítico, de clase, internacionalista e independente. Asociado por vontade propia a CC.OO de España. |
| Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) | Sindicato autónomo galego asociado a Federación de Organicacións Sindicais Unión Sindical de España. |
| Unión Xeral de Traballadores (UXT-Galicia) | Sindicato autónomo galego asociado aUnión General de Trabajadores de España. |
| Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza | Un Sindicato autónomo e asembleario, membro da Confederación de STEs, formada pola unión de Organizacións Sindicais cunha historia común, un proxecto solidario e un mesmo modelo sindical |