Menú Galiza Gastronomía, teatro, saúde Historia, etnografía Ferrolterra Literatura Lingua, dicionarios icolimiar
libro/book Atlas Xeográfico e Histórico de Galicia e do Mundo.
VV.AA.

Editor: Ed: Do Cumio.

bolsacompra Pvp: 20.00
arriba Esta edición actualizada recolle os cambios xeopolíticos acontecidos nos últimos anos, así como as novas infraestruturas. Máis de 200 páxinas a toda cor; inclúe numerosos mapas físicos, políticos, históricos e temáticos, así como fotografías, gráficas e diagramas. A información está renovada conforme ás referenias achegadas, e permite interpretar os datos no seu contexto. Un traballo de grande utilidade para o estudantado e profesorado, que combina o rigor científico cunha redacción de fácil comprensión, e que conta ademais cun atractivo deseño que facilita o seu manexo. Información completa sobre o Universo, o planeta Terra, Galicia, a península Ibérica, Europa, África, Asia, América, Oceanía e as rexións polares.
As irmandades da fala, 1916-1931 : reivindicación identitaria e activismo (...) s. XX
Uxío-Breogán Díaz Cequiel(coord.)
Editor: Laiovento.
bolsacompra Pvp : 19.20
arriba
Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra da legalidade (española) imperante. Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala; partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas (1916-2016). Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica, o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron para o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa socio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o seu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas que amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loita pola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio, en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal; pulando ao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.
libro Historia de Galicia
Pérez López, David


Editor. Ed: Do Cumio

bolsacompra Pvp: 24.95
arriba A novidade que ofrece este libro é a alusión á formación da Terra e como nese primeiro gran continente, Panxea, comprobamos que Galicia estaba situada no mesmo centro. A información xeolóxica e biolóxica non é a habitual nos libros de historia, como tampouco é citar a existencia de dinosauros e, máis adiante, das primeiras poblacións de Neanderthais e Homo Sapiens. Este volume revisa e actualiza datos históricos de relevancia. Unha historia de Galicia que chega ata o presente. O lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século XX, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural. Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.
libro

Imaxes do patrimonio arquitectónico desaparecido
Acuña, Xosé Enrique e Cabo, Xosé Luís
Editor. Ed: Ir Indo.
bolsacompra Pvp: 32.28

arriba Máis de cen imaxes en branco e negro do que foron grandes edificios en Galicia, hoxe desaparecidos debido ao paso dos anos, ao abandono ou á simple especulación, conforman esta obra. Foron importantes construcións que marcaron unha época, como o Edificio Castromil, en Santiago de Compostela; o cine Odeón, en Vigo; o Atlantic Hotel da Coruña ou o Balneario de Mondariz, das que se dá conta graficamente nesta inxente obra recompilatoria, co que se consegue libralos do esquecemento.
libro Construccións da Arquitectura Popular, As .Patrimonio etnográfico de Galicia.
Caamaño Suárez, Manuel
Editor. Ed: Hércules.
bolsacompra Pvp: 77.00

arriba
En esta brillante obra, Manuel Caamao Surez realiza uno de los estudios ms completos sobre la arquitectura popular de Galicia.En Galicia existe una notable variedad de construcciones populares y annimas, en las que se diferencian distintos tipos de casa-vivienda as como numerosas y diversas construcciones adjetivas. En esta obra se analiza esa ?arquitectura sin arquitectos?, que modifica y humaniza todava ms nuestro territorio, compaginndolo con el estudio de fuentes bibliogrficas y documentales .El soporte fsico, el medio humano, el proceso de transformacin del paisaje y la ocupacin del territorio, las tcnicas constructivas y los oficios o las diversas tipologas zonales son algunos de los elementos estudiados.
libro
Galicia fai dous mil anos: O Feito Diferencial Galego.
Música (2 vol.);
Antopoloxía (2 vol.) ;
Arquitectura (prep.)


Editor. Ed: Museo do Pobo Galego.
bolsacompra Pvp: Consultar
arriba ¿Que é propio de Galicia?. Nunha serie de encontros vaise dar a resposta. O Museo do Pobo Galego quere ofrecer un espello onde se poida ver a identidade dun pobo.
libro muíños, Os
Bas, Begoña e Varela Vilariño, Xosé

Editor.
Ir Indo.
bolsacompra Pvp: 41.70
arriba Recupérase a figura do muíño con este estudo etnográfico acompañado dunha atractiva galería de imaxes de alta calidade testemuñal e estética que dan conta da diversidade de construcións e das características básicas de cada tipoloxía de muíño. Muíños de mareas, hidráulicos, de vento, manuais… o resultado é unha auténtica guía de luxo para coñecer en profundidade o mundo da moenda e a forma de vida que xerou ao seu redor na Galicia tradicional.
libro/book Debuxos de negros. (12 láminas)
Castelao

Editor.
Ed: Galaxia.

bolsacompra Pvp: 20.00
arriba 12 láminas separadas con debuxos de negros feitos polo propio autor en América. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.