![]() |
Francisco Rodríguez Sánchez, naceu en Ferrol (Serantes) o 22 de novembro de 1945,estudiou as carreiras de Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) na Universidade de Madrid, licenciándose na segunda en 1967. En 1968 gaña as oposicións de agregado de Lengua e Literatura Españolas de bacharelato, exerce a docencia en Albacete (1969-71) e en Ourense (1971-73), onde foi expedientado. En 1973 ganou as oposicións a catedrático de instituto, ocupando a praza en Cangas (1974-76), durante o curso 1975-76 se solidariza coa folga dos profesores interinos (sen praza) polo que foi desterrado a Puerto Real (Cádiz), traballa logo en Carballo (1976-79), Estrada (1985), e en Ferrol (1995). É autor de diversas obras,traballos e artigos, relacionados coa realidade galega dende un compromiso coa súa terra. Foi membro do Parlamento Galego e actualmente é deputado nas Cortes Españolas, como membro do Bloque Nacionalista Galego. |
| 1973: A evolución ideolóxica de Curros Enríquez 1976: Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia 1978: Problemática nacional e colonialismo, o caso galego (con Ramón López-Suevos) 1988: Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro 1990: Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación 1993: Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada |