| Lingua, dicionários Historia, etnografía Autores galeg@s contemporane@s Divulgación | |||||
| Galiza |
|||||
|
La realidad nos asalta cada día, a la vuelta de cualquier esquina, pero nos aburre de horrores y la dejamos escurrir entre los dedos por no mirarla. |
![]() Xaquín Lorenzo Fernández Letras galegas de 2004
|
![]() Edita: A Nosa Terra As bioinvasións na Galiza PVP: conforme tarifa Xurxo Péres Pintos e Xosé Bouzo Fernández Neste libro fálase dos centros de especies que colonizaron Galiza. Fálase da rola turca, o argazo, o visón americano e da cotorra arxentina, Tamén da mimoda, o eucalipto ou a perca americana. |
|||
En xuño
de 1902 fúndase na Coruña o Centro de Estudios Sociais Germinal.
Promovido por un grupo de obreiros, fundamentalmente de idioloxía
libertaria, pero coa participación dalgúns republicanos,
Germinal foi unha das institucións máis coñecidas,
activas e significativas da Coruña do primeiro tercia do s. XX.
Porque calquera coruñés da época sabía da
súa existencia, o Centro organizador de conferencias, mitines,
excursións, clases nocturnas para obreiros... e que contaba coa
mellor biblioteca privada da cidade, así como cun Orfeón
durante un tempo e un Grupo de Declamación. |
Resistencia,
guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol 1936-1955 Bernardo Máiz Vázquez ![]() Edita: A Nosa Terra PVP: conforme tarifa Sobre a represión franquista, como sobre tantas outras cousas do noso pasado inmediato, non houbo unha revisión política verdadeiramente democrática, senón un pacto de silencios cómplices, un veo complaciente, mesmo a difusión de falacias interesadas na liña de que "en las guerras ya se sabe", "Franco hizo cosas buenas", ou o eufemismo de referirse a Francisco Franco, o gran dictador, como "el anterior Jefe del Estado".. E tantas outras. (Bernardo Maíz). Un libro moi documentado que explica a represión brutal do Fascismo-Franquismo, contra dos veciños de Ferrol e comarca ferrolanos feita por orde do seu "fillo máis ilustre": o Caudillo de España. |
||||
| Os
meus ollos Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte converte as páxinas destas memorias primeiras nun relato emocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa esencial, cristalina e precisa, dotada dunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta. Ademais dun exercicio de recuperación vivificadora da memoria individual e colectiva, “Os meus ollos (Vidas de infancia)” é, tamén, un ensaio sobre a vivencia da perdurabilidade do tempo e dos espacios humildes que nos son queridos. Un relato engaiolante no que o autor emprega a emoción, a piedade e certa ironía para recuperar espacios derruídos polo tempo e devolverlle a vida a ducias de personaxes reais, populares, tratados co mesmo rango cós protagonistas históricos. Historias particulares que demostran que o local é o universal. Un libro de historia cotiá que se le coa mesma paixón que nos proporcionan as novelas exemplares. Unha obra que demostra a vixencia da frase de Baudelaire, “O xenio non é máis que a infancia netamente formulada”; e proba que a infancia non representa o camiño, senón todo o camiño. “Os meus ollos”, primeira entrega dunha obra máis ampla na que Fonte está a traballar, abre unhas perspectivas inéditas na narrativa contemporánea. Unha grande novela para ler varias veces. |
Resistencia Rosa Aneiros Edita: edicións Xerais. PVP: conforme tarifa É unha novela apaixoante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldecidas plola escravitude do amor, a morte e o silencio. Denís, un obreiro, e Filipa, filla dun rico comerciante, namoraron perdidamente sen calibrar as consecuencias. |
||||