
2004 |
Espreguízanse os osos
deseñados, na noites de treboadas,
polos homes vigorosos
que albiscan o horizonte
dos inmensos precipicios.
Aquel día fun ver no mar
o congro do furado amarelo
e atopeino cuspindo carraxe,
aquel día construín para ti
unha boneca de chapapote
cun vestido de organdí,
¡Endexamais rendición!
Aquel outro día
tremían as letras negras dos xornais,
entrementres as bombas destructoras
escahifaban os membros tenros dos nenos,
aquel outro día
construín poemas caleidoscópicos
para unha mestizaxe necesaria,
¡Endexamais rendición!
Hoxe, na noite marabillosa,
unha viola insurrecta
acompasa os meus pasos
e o galope do cabalo poderoso,
que enarbola unha interrogante azul
pendurada dun estandarte
no que está escrito
o limiar invisible
dun futuro libre e aberto
a percura das luces de cores
do infindo Vento de León Felipe
Xosé Leira
|
Hoxe son o mago espiritual do mundo
En min caben tódolos posibles
Son como o mar inmenso
e grande, onde todo vive
Son a marabilla da ilusión
o prestidixitador das utopías
hoxe son a vida en rebeldía
a modificación do subsconciente
As paces abrázanse e os soles se saúdan
hoxe as cores son brancas e reflexan
toda esa beleza da existencia
que nos fai digna a estancia
Hoxe a liberdade é a mensaxe
sen poderes, nen groria, sen liortas
Hoxe é a palabra un ben categórico
e o sorriso unha necesidade.
Areta |
|
2003

Pidenos un marcapáxinas,
enviaremoscho:
1 euro +
gastos de envio.
Se pide un libro,
será de balde,
irá de agasallo.
|

Gracias
mil, haivos que dar
sodes os heroes da Patria
loitadores da liberdade
A xente da terra
ao voso carón ten que estar
A vosa loita é a nosa
por ela a dignidade.
Gracias
incontábeis, Galiza vos da
sodes os heroes da Patria
A nosa xente do mar
Desconocido
A tí que empapas de suor
o aire,
que submerxes de angustia a necesidade,
que blasfemas en alto
que te vixía a intemperie,
que no claro ou escuro
sinte-lo frio.
A tí que na impotencia
de te-lo preciso berras.
Na liberdade, no espacio,
tremes.
A tí que sabes o esforzo
que supón matar a fame.
Para ti vai...mariñeiro
Areta
|
Galicia, esperta!
Si nos momentos
dangustia e penas
é sempre un crimen
a indiferencia,
¡non máis te durmas,
rexión gallega!
¡Fai un esforzo
y-ergue a tua testa!
Xa que inda gardas
nas tuas aldeas
o tipo enxebre
da raza celta,
saca enerxías
da tua fraqueza.
Troca en inxurias
tuas tristes queixas,
á ver si espantas
de medo ôs déspotas.
¿Pra qué debruzas
tua nobre testa!!...
¿Pra que te ofendan?
¿Pra que se bulren
das tuas tristezas?
Cámbea os salayos
en anathemas,
hastra que logres
verte sen penas.
Non chores nunca
si te desprecian,
que as vágoas hoxe
son unha afrenta
pros pobos libres...
!Terriña meiga!...
Pides xustizas
e danche ofensas,
queres ventura
e tés pobrezas,
buscas consolos
y-atopas penas...
e co estes males
que te atormentan
n-hai quen te diga...
¡Galicia esperta!
Eladio Rodríguez González (1864-1949)
|