Alba
López Sánchez
Fume...
Sentir coma unha espesa néboa
apodérase grisácea
e cérnese sobre a bóveda
do teu universo exterior.
Lume...
Sentir esa agonizante lumeirada
que queima todo o que toca
que cimenta os meus remorsos
e oprime sen máis á razón
Bágoa...
Que dicir da bágoa que esvara
sen máis a través do teu interior,
desasosego, medo, incertidume, dor,
desexar a morte ó teu invasor,
desexar a vida á túa vida pra mostrar o horror,
e loitar sen que os bramidos dos invisiveis
na escuridade aliméntense da túa desazón.
Guerra...
Semente do mal
comezo da inxuria
e xermolo do horror.
Fillos de pais asasinados
berrarán con medo e dor
berrarán e chorarán
nunha cidade ateigada de desolacion
sen esperanza, na miseria
sumidos na traizón
dunha sociedade podre e suxa
pestilente e case sen solución.
Morte...
Só un número, cifras, contas
bolsa, economía, bombas e misís.
Só un número, é o que es...
o número dous mil.
Cantos números quedan inda por vir?
Hai quen non esta alí
lonxe da liña de fogo,
lonxe da loita por sobrevivir,
lonxe dos ollos dun neno
que non debe sofrir
inocencia truncada pola guerra
xenocida e ruín,
propia da mente ignorante
fascista e servil.
Contra
o imperialismo capitalista, insubmisión
cultura e berros contra a opresión
pra deixar un oco á vida
e derrubar ese fume
que non te deixa respirar
e que leva en si faíscas
desa inhumana destrucción
Guerra....
Non...
Alba
López Sánchez
(Abril 2003)
voltar
|