 |
Alba
López Sánchez
Medo
Espreita na escuridade, sométete a unha minuciosa análise
da que non es quen de fuxir. Vaite chegando polos poros do pel, introducíndose,
atravesándote, causándote suores fríos e pingas que
esvaran pola túa face esbrancuxada, descolocada...
Apoderouse do teu ser, xa non es ti, posuíute sen que te decataras
e agora, xa tarde de máis para impedilo dóbraste en dous
e agochando a cabeza entre as pernas, entre as lousas desfeitas e os muros
derruídos, buscas acougo para o desasosego que che percorre por
dentro e que desfaise en bágoas que caen sen ruído mollándote
o traxe de home duro.
Non ten senso nengún, e o maior inimigo xa venceu no seu terreo,
non tes nada que facer, tan só agardar a que che saquen daquí
e lonxe podas inventar o bo que fuches e o ben o que o fixeches...ninguén
negarase a escoitarte...
Mais segue aí e agora seméllase ter unha face pra que non
a esquezas nunca, unha face mestura de todos os mortos que viches na túa
andaina neutral e sentes que hai centos, miles, milleiros de ollos que
estante a espreitar de esguello de forma insistente sen desviar a ollada
nin un instante e segues a chorar coma un neno pequeno nun corpo de home
grande mollando coas bágoas o chaleco anti-balas.
Os mortos espreitan, os mortos berran, os mortos insultan, os mortos torturan,
os mortos respiran, os mortos rin, os mortos estante a ollar neste inferno
de guerra no que te ves envolto. Non hai mortos neutrais. Os mortos son
mortos, e a guerra é a morte con nome de consumo.
O medo espreita na escuridade... a guerra...
Alba López Sánchez.
voltar
|