Antón
Igrexas
RESPOSTA
Resposta. Pregúntome
a min mesmo:
¿Cal é a resposta a tanto despropósito?
¿Será que nos tapiaron o corazón?
-Que sa non sentímo-los seus latidos,
que clinicamente poden darse por mortos.
¿Que somos nestes intres?
-Somos como zombis,
que nos levan dun a outro lugar,
que nos programan para o día a día.
que nos adormentaan cos somníferos
das súas palabras valeiras.
Mais, ¿é posible espertar
deste soño tan dantesco?
¿Podemos recupe-la inocencia
daqueles tempos outros, nos que
criamos poder facer un «mundo xusto»?
Inocencia. Inocencia. Inocencia.
Fomentadora de ideais puros,
alentadora de almas nobres,
fai que se renove en nós
o sentir inxenuo dos nenos.
Que poidamos desenrola-las nosas fantasías,
que poidamos construi-los nosos castelos na area,
que poidamos ser ceibos coma ronseis.
Resposta. A que dar resposta.
A tanto engano dos que nos gobernan.
Ós que nos queren levar á guerra
cegados pola cobiza do diñeiro.
Por todo isto, alistémonos,
fagamos un exército lineal,
que chegue a todo lugar
para combater ós opresores.
Que as nosas armas sexan as palabaras:
¡¡¡PAZ, PAZ, PAZ!!!
A este grito non vencerán.
Venceremos, a victoria é dos inocentes.
Antón Igrexas
Marzo 2003
voltar
|