María Teresa Poso López 

NEGRO E ROXO

O mar está negro,
a terra está roxa,
e a xente do mundo,
nun tira e afloxa.
A forza dos cartos
e a forza da alma
loitando por ver
se traemos a calma.
O prestige deixounos
as praias de negro,
o mar emporcado
e os peixes morrendo.
Corazóns moi nobres
viñeron axudar
a limpar en Galicia
o fuel do mar.
O meu agarimo
e moi grande amor
para a xente da terra
que ten corazón.
En Iraq as bombas
matando a mansalva
a un pobo inocente,
que sangra con rabia.
Paremos a guerra,
berremos moi forte,
para alonxar as penas,
para alonxar a morte...

¡NON Á GUERRA!
¡NUNCA MÁIS!

María Teresa Poso López
(xuño 2003)


voltar