As bágoas petrificadas
Houbo un día de festexos
a xente feliz
campás que o anunciaban ao mundo.
Non resultou ser a maioría de idade
non resultou ser unha nova era
pese a sorpresa cotiá
non existe nada novo
todo resulta ser todavía (Silvio Rodríguez dixit)
matando a palabra
matando ao ar
matando ao amor
non existe nada novo
sofisticado pero antergo.
Marcha tortuosa
tecendo o superengano
ara xente que non lle importa.
Houbo un día de desgracia?
houbo un día de teledesgracia
teremos que lembralo.
Educados na desmemoria
non deberíamos.
Postos a recordar
prefiro lembrar os soños.
Todo resulta ser todavía.
Mundo distinto
segundo nazas
mortos distintos
segundo o lugar
incluso en lugares comúns.
Conciencia
pequena palabra
para un bó menú.
Non existe nada novo
non resultou ser a maioría de idade
xa o víamos ver.
Todo é cíclico
ata o mareo profundo
ata arcada infinita
ata o vómito final
ata o día de nortearmaguedón
xa o víamos ver
pese a sorpresa cotiá.
As bágoas petrificadas.
minus bálido
voltar
|