Non no meu nome.
Non co meu silencio.


...I eu digo non

...I eu digo non.

Non ó frío inverno nos ollos.
Non á inútil agarda de solucións
na que se aceptan as mentiras
e despois so silencio
maila sumisión.


...I eu digo non.

Non ás nais que lle morren os meniños nos brazos.
Non ás balas que silban máis forte co riso dun neno.
Non ós nimbos nos ollos que choran mortes evitables.
Non os beizos sangrantes que bican tumbas.


...I eu digo non.

Non á musica de sereas que albiscan atentados.
Non ós escolares que estudiarán odio e destrucción.
Non ós esqueletes vivintes que claman un miolo de pan.
Non ós que sofren a ausencia interminable do seu namorado.



...I eu digo non e rexeito calquer outra alternativa

aínda que digan que non temos voz nin voto.

Noelia Conde Rodríguez
Ourense

voltar