R. Casteleiro Fernández
Limiar pola Paz


Os utopistas fan loubanzas ó poeta Virxilio polo seu canto ós tempos nos que non tiña lugar a propiedade, nin cercado ou linde. Pasarán moitos séculos para esta verba “Utopía”, obra literaria do primeiro ministro de Enrique VIII, Tomás Moro, “Utopía”, fantasía renacentista, estrea o pensamento sobor da Paz como imposibilidade de acadar neste mundo. Virxilio, Paraísos Terreales, Arcadias añoradas por unha humanidade asoballada por, guerras sen repouso: a rapiña é a finalidade. Os tres grandes utopistas do século XIX, Saint-Simon, Fourier, R. Owen, albiscarán xa unha humanidade en Paz; sempre insistindo ca propiedade orixina as guerras.
Nos nosos tempos, algúns sociólogos afirman a guerra como unha necesidade da agresividade humán; tamén o influxo do deus Marte; que sen guerras teríamos máis paro e conflictividade.
É certo o impulso agresivo, chamado Eros polos gregos, mais a nosa tarefa ten que ir na liña de canalizalo para a Arte, o traballo creativo, o deporte, a sexualidade ou calqueira esforzo na percura dunha sociedade en Paz.
Cun forte apoio na Educación, con menos cantos guerreiros e máis fincapé no traballo solidario.

R. Casteleiro Fernández (xuño 2003)
voltar