Rasfir
era tan so un neno cando un caza americano lanzara un mísil enriba
da súa casa. Os seus pais e mais tódolos seus parentes morreran
sepultados polos escombros, pero el conseguira escapar.
Vivía en Afganistán
nun pequeno pobo a uns cantos quilómetros da capital. Fora crecendo
e xa tiña uns vinte anos pero a guerra aínda non rematara.
Camiñaba dun pobo a outro axudando os feridos de bomba.
Estudiara medicina
a través duns libros que atopara nos restos dunha antiga librería
e dixérase a si mesmo que tentaría por tódolos medios
de salvar o maior numero de persoas posibles.
Un día, xusto
despois da caída da última bomba sobre o pobo onde el se
atopaba, foi correndo a axudar a un pequeno rapaz o que lle faltaba unha
perna. Seguido por dous homes do pobo, trasladárono a unha casa
que quedara en pe. Alí curáronlle as feridas e deixárono
descansar.
Rasfir estivo día
e noite a carón do neno ata que este estivo mellor e puido falar.
- Ola. ¿como
te chamas?
- Chámome Mohan e teño 10 anos.
- Encantado Mohan, eu son Rasfir.
- ¿ Es ti o que me salvou a vida?
- Non home non. Eu o único que fixen foi curarte as feridas.
- Xa, pero se non o fixeras, agora estaría morto. ¿ quen
fai estas cousas?
- A verdade e que non che sei contestar, supoño que os mesmos que
mataron a miña familia.
- Vaia, tamén es orfo, coma min.
- Si. Agora descansa, aínda estás moi débil e debes
durmir un pouco. Eu estarei por aquí.
O pequeno Mohan, coas súas palabras espertara un sentimento de
vinganza que permanecera durmido en Rasfir. Polo seu interior, polo seu
sangue, correu o desexo de vinga-la morte dos seus e do pobre futuro de
Mohan.
A maña seguinte, dispuxo todo para saír o cuartel xeral
dos rebeldes para así alistarse con eles. Pero, cando foi a despedirse
de Mohan, veu que este estaba suando e chamaba por el.
- ¡¡¡Mohan!!!
¿Estás ben?
- Non Rasfir, dóeme todo e maréome moito.
- Xa tomei unha decisión Mohan, vou alistarme para poder vinga-la
túa dor.
- Non o fagas Rasfir – a cara deste cambiou por completo xa que
non esperaba esa contestación – Se o fas, serás igual
que os que mataron a teus pais, caerás na violencia e non volverás
para axudar os feridos. Debes quedar coa túa xente e esperar a
que os que non queren decatarse do mal que fan, abran os ollos e vexan
a realidade.
- Vai Mohan, non pensei desa forma, pero agora que o dis, teño
que seguir axudando, aínda que morra no intento, a miña
vida non seria en vano. Cóidate moito amigo.
- O mesmo che digo Rasfir, e nunca esquezas que as cousas non duran para
sempre e esta guerra algún día rematara e o noso pobo volverá
a nacer de novo.
Os ollos de Mohan pecháronse
perdendo así o sentido. Rasfir chorou a súa morte e xurou
ante Alá que respetaría o consello do seu amigo ata que
o seu fin chegara.
Sila López Sánchez
voltar
|