Xoán López Vázquez
“MAIS ALA DO ESTREITO”
Presinto un sono de pombas sen colores,
de aterrados viaxes de paxaros
finando no borde do canto
dun sol ennegrecido,
dun esparexar de servidumes
dun abranguer o ceo coas mans trilladas,
cegadas polo fume de gueivotas sen lume.
Entonando unha canción aceda
sen laídos máis alá do Estreito,
ouvindo os pesadelos de anguria
máis aló do noso muro dos poderosos,
aquí na Europa con corazón de pedra,
coas raiceiras ateigadas de fechos e cadeas,
ceibando, fuxindo mais ben,
o paradiso dos “prexuizos” dos que presumía na outrora
solidariedade.
Non recordan nos seus pazos sen fame
que esa Europa estáse a facer
coa semente dos expoliados do Sul,
e segue a pecharse en si mesma,
mais con pés de barro,
esquecendo cómo se fixo grande:
é a historia da humanidade,
os grandes medran sempre a costa
dos pequenos, e logo como diría alguén
dánlles préstamos sobre o roubado.
Chegan tempos acedos,
moitas néboas de intolerancia e barreira
voan tamén, negando o Sul,
o abismo que nos separa exténdese...
mais eles están aí,
petando na porta dun bonito xardín.
Din que hai flores na outra banda do muro...
mais está costando moitas vidas gardalas intactas para nós,
Cecáis sexa éste o verdadeiro muro que non queren derrubar.
Soan gueivotas a ceo aberto, fuxen quizáis da patria de miseria
voan dunha beira á outra,
aínda son seres ceibes....
Xoán López Vázquez
voltar
|