Xosefina López Hermida

Autoxustificacións

“Defensa propia”, iso foi o que leín no xornal de hoxe, que os EEUU (os eús) xustifican a morte dun cámara, a morte do noso para sempre lembrado e querido paisano, XOSÉ COUSO, coma unha morte en defensa propia. Verbas sen sentido tal e coma un sen sentido foi a súa morte.
Eu pregúntome, estou eu errada ou unha cámara non é un arma letal. ¿Estarei trabucada? Non, e milleiros de veces, non. O que si facía o cámara XOSÉ era estar a gravar os feitos que alí estaban a ocorrer, imáxenes que morreron con él, existiron. Disparáronlle en defensa propia, propia de os desgobernos de Jorge, Toni e o noso pequerrechiño Pepin, homiño sen personalidade propia, tachado entre outras cousas coma o tapón da Botella e a marioneta (coma mínimo) de Jorge.
Nun sistema político nas que as verbas se contradín cos feitos non pode ir ben xamais, polo tanto Pepinciño, non se te ocorra volver a dicir que España vai ben, porque ti non a gobernas, a goberna a Casablanca e ti só fas o que o inquilino imperialista que vive nela te di que fagas. O caso é que a túa submisión ó yanqui a pagaron coa vida moita xente inocente.
Diso se deduce que os EEUU diga que a morte de XOSÉ foi en defensa propia.
XOSÉ si foi un heroe e o será para sempre, vosoutros por máis que vivades non deixaredes de ser escoria, pura escoria.

Xosefina López Hermida


voltar