Xosè Leira

EN MOITOS E VARIADOS DISCURSOS comézase cos saúdos, e hoxe tamén quero eu facer o mesmo:

E saúdo a fervenza que brinca no río Belelle
e ás chimineas do barrio santiagués de Bonaval

e saúdo as rochas batidas polas ondas
e ò trono ameazador
e às bolboretas de às azuis

e saúdo a unha Palestina libre
a un país con traballo para todos
e a unhas catedrais mergulladas nas preamares

e saúdo ós filipinos os árabes
ós chineses e ás masaxistas tailandesas que
soportan bocalladas de suor tabaco e alcohol

e saúdo ós mariñeiros da miña patria
ós camareiros das tabernas
e ós pobres de solemnidade

e saúdo ó Congo e ós saharauis
e a Etiopía
e a Ruanda e a Burundi

e saúdo ós afganos ás dominicanas
ós arxentinos ós cubanos
e a toda África negra

e non saúdo os banqueiros enriquecidos rapidamente
nin ós comerciantes sen escrúpulos
nin ós mercenarios

e non saúdo ós traficantes de armas
nin ós xefes de estados poderosos
que organizan guerras periféricas

e non saùdo òs pelotas
nin òs que comen no pesebre do poder
nin òs trepadores noxentos

e non saùdo ò F.B.I.
nin à C.I.A. nin ò Mosad
nin à K.G.B. nin òs Patas Negras

e non saùdo òs fundamentalistas de todo tipo
nin a tòdolos fillos de puta
que co seu nome aldraxan a estas mulleres

e non saùdo e non quero saudar
òs que pensan que somentes o seu
è rigorosamente certo

e si saùdo e si quero saudar
às baleas que fuxen dos arpòns
e òs cans amigos e às ameixeiras en flor

e si saùdo e si quero saudar
à beleza do mar embravecido
òs paxariños que constrùen o seu niño
e òs cabaliños de mar

e si saùdo òs que se erguen
contra os poderosos
os que quitan o chapapote
òs que poñen o seu corpo como escudo
òs que tocan o violoncello
e òs que pintan òs que modelan o barro
e òs que fan poemas de amor

e si te saùdo a ti
muller que namora.

Xosè Leira
(Marzo 2003)

voltar