Pola creación dunha rede popular galega de ensino en galego

Para tod@s

Galiza co Galego.
3000 asociad@s a 100 euros anuais, supón o presuposto para crear unha escola infantil
Asine no formulario, colabora www.limiarlibros.com

Pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego
1.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que acade recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis, con especial atención dende os niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos).
2.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” cun ideario laico e pluralista.
3.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que promova e apoie as escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.
4.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que busque a consecución por medio do ensino en galego, con métodos científicos a competencia lingüística nas linguas romances de tronco común como o portugués, catalán, castelán, francés, italiano,...
5.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” para desenvolver un ensino científico e de calidade, que ademais permita acadar a competencia lingüística noutro idioma como o inglés, alemán, ruso, chinés..... e que procure nocións da lingua vasca (euskera), como outra lingua do Estado Español.
6.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.
7.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que unha vez en marcha de inmediato poderá poñer en práctica o proxecto educativo global en galego, como pode ser en convenio cos centros de ensino privados existentes, ou coa creación de novos centros.
8.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que reclame da administración pública os recursos económicos precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.
9.- Tendo en conta que a asociación popular “Galiza co Galego”, contará con asociados nun número inicial de 3000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular “Galiza co Galego”, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución.
Ler proposta arriba

Apoio a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego

Nome  Apelidos  
Teléfono contacto
Localidade(*)  País/Country Email(*)  
Acepto que meus datos sexan usados para informarme e convocarme ás xuntanzas pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego  
  Escriba nº de control 526 Súa opinión
(*) Necesario/Necessary
www.limiarlibros.com