ir a inicio libro
Tit: libros arden mal , Os
Aut: Rivas, Manuel

Editor: Ed: Xerais.
Sinopse: O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: “Non se pode falar nin calar sen perigo”. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico. A estrutura desta novela semella o dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.
Pvp: 24.00
Ver cesta
Se realizará la DEVOLUCIÓN del Pago de Compra con la anulación del pedido en un plazo de 48 horas o falta de existencias.
visa-mastrecard Pago por tarjeta y envío a España
 Pago de Compra = € 24 + 4.9 gastos de envío = 28.9 €
Con 60 € de compra = gratis ( 0 € ) los gastos de envío
Con la recogida en tienda (Limiar) se reintegran los gastos de envío
iniCARTA DE PEDIDO/ORDER FORM  Ex./Unit Email(*) País/Country(*)  
Nome/Name(*) Apelidos/Last name(*) Nº de control (*) 972 escriba (*) Necesario/Necessary
Dir./Address Andar C.Postal Cidade Prov.  
Teléfono Pago por/payment by Publicidade?     icolimiar