Limiar libros, pedido, As irmandades da fala, 1916-1931 : reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel(coord.)
ir a inicio libro
Tit:   As irmandades da fala, 1916-1931 : reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX
Aut: Uxío-Breogán Diéguez Cequiel(coord.)

Editor: Laiovento.
Sinopse : Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra da legalidade (española) imperante. Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala; partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas (1916-2016). Diante desta efeméride agardamos contribuír a socializar unha panorámica, o máis ampla posíbel, de como se xestaron e o que significaron para o país as Irmandades da Fala. Socializar, nomeadamente, que programa socio-político e cultural ergueron e defenderon as Irmandades, cal foi o seu modelo organizativo e o seu axir, cales foron as diferenzas internas que amosaron e onde situaron o eixo central da Causa galega: a loita pola visibilización da nación galega, a partir da defensa do idioma propio, en todos os planos nos que esta debía de se manifestar como tal; pulando ao tempo polo recoñecemento da Galiza como suxeito político.
Pvp: 19.20
Ver cesta
Se realizará la DEVOLUCIÓN del Pago de Compra con la anulación del pedido en un plazo de 48 horas o falta de existencias.
visa-mastrecard Pago por tarjeta y envío a España
 Pago de Compra = 19.2 + 4.9 gastos de envío = 24.1 €
Con 60 € de compra = gratis ( 0 € ) los gastos de envío
Con la recogida en tienda (Limiar) se reintegran los gastos de envío
iniCARTA DE PEDIDO/ORDER FORM  Ex./Unit Email(*) País/Country(*)  
Nome/Name(*) Apelidos/Last name(*) Nº de control (*) 167 escriba (*) Necesario/Necessary
Dir./Address Andar C.Postal Cidade Prov.  
Teléfono Pago por/payment by Publicidade?     icolimiar