Pequeciños
icolimiar
Raparigos
libro/book

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Werner Holzwarth (tex);Wolf Erlbruch (ilus);Franck Meyer (trad)
Editor. Kalandraca
bolsacompra Pvp: 15.00

PREMIO ALEMÁN DE LITERATURA INFANTIL PREMIO ANDERSEN 2006; PREMIO ASTRID LINDGREN 2017 (Ilustrador); PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal). Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre? libro/book

A cidade dos desexos
Agustín Fernández Paz
Editor. Xerais
bolsacompraPvp: 8.25

Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada.Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que (...)
libro/book

As flores radioactivas
Agustín Fernández Paz
Editor. Xerais
bolsacompraPvp: 10.00

Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que (...) libro/book

Kusuma
Héctor Cajaraville (Aut.); María Sánchez Lires (Ilust.)
Editor. Xerais
bolsacompraPvp: 12.50

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.
libro/book

O ladrón de soños
Sabela Fernández Trelles (Aut.); Alicia Suárez (Ilust.)
Editor. Xerais
bolsacompraPvp: 15.50

arriba Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións? libro/book

Cos pés no aire
Agustín Fernández Paz
Editor. Xerais
bolsacompraPvp: 10.10

arriba Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só quen ten esa estraña cualidade. Velaquí unha narración (...)