As nosas cousas MARCAPÁXINAS, MARCALIBROS


Poesía 2004
Espreguízanse os osos
deseñados, na noites de treboadas,
polos homes vigorosos
que albiscan o horizonte
dos inmensos precipicios.

Aquel día fun ver no mar
o congro do furado amarelo
e atopeino cuspindo carraxe,

aquel día construín para ti
unha boneca de chapapote
cun vestido de organdí,

¡Endexamais rendición!

Aquel outro día
tremían as letras negras dos xornais,
entrementres as bombas destructoras
escahifaban os membros tenros dos nenos,

aquel outro día
construín poemas caleidoscópicos
para unha mestizaxe necesaria,

¡Endexamais rendición!

Hoxe, na noite marabillosa,
unha viola insurrecta
acompasa os meus pasos
e o galope do cabalo poderoso,
que enarbola unha interrogante azul
pendurada dun estandarte
no que está escrito
o limiar invisible
dun futuro libre e aberto
a percura das luces de cores
do infindo Vento de León Felipe

Xosé Leira

Hoxe son o mago espiritual do mundo
En min caben tódolos posibles
Son como o mar inmenso
e grande, onde todo vive
Son a marabilla da ilusión
o prestidixitador das utopías
hoxe son a vida en rebeldía
a modificación do subsconciente
As paces abrázanse e os soles se saúdan
hoxe as cores son brancas e reflexan
toda esa beleza da existencia
que nos fai digna a estancia
Hoxe a liberdade é a mensaxe
sen poderes, nen groria, sen liortas
Hoxe é a palabra un ben categórico
e o sorriso unha necesidade.

Areta

Poesía

2003

 

Pidenos un marcapáxinas, enviaremoscho:
1 euro +
gastos de envio.

Se pide un libro,
será de balde,
irá de agasallo.



Gracias
mil, haivos que dar
sodes os heroes da Patria
loitadores da liberdade
A xente da terra
ao voso carón ten que estar
A vosa loita é a nosa
por ela a dignidade.
Gracias
incontábeis, Galiza vos da
sodes os heroes da Patria
A nosa xente do mar

Desconocido

 

 

A tí que empapas de suor o aire,
que submerxes de angustia a necesidade,
que blasfemas en alto
que te vixía a intemperie,
que no claro ou escuro
sinte-lo frio.
A tí que na impotencia
de te-lo preciso berras.
Na liberdade, no espacio,
tremes.
A tí que sabes o esforzo
que supón matar a fame.
Para ti vai...mariñeiro

Areta

Galicia, esperta!
Si nos momentos
d’angustia e penas
é sempre un crimen
a indiferencia,
¡non máis te durmas,
rexión gallega!
¡Fai un esforzo
y-ergue a tua testa!
Xa que inda gardas
nas tuas aldeas
o tipo enxebre
da raza celta,
saca enerxías
da tua fraqueza.
Troca en inxurias
tuas tristes queixas,
á ver si espantas
de medo ôs déspotas.
¿Pra qué debruzas
tua nobre testa!!...
¿Pra que te ofendan?
¿Pra que se bulren
das tuas tristezas?
Cámbea os salayos
en anathemas,
hastra que logres
verte sen penas.
Non chores nunca
si te desprecian,
que as vágoas hoxe
son unha afrenta
pr’os pobos libres...
!Terriña meiga!...
Pides xustizas
e danche ofensas,
queres ventura
e tés pobrezas,
buscas consolos
y-atopas penas...
e co estes males
que te atormentan
n-hai quen te diga...
¡Galicia esperta!

Eladio Rodríguez González (1864-1949)

Poesía

2002

Pidenos un marcapáxinas, enviaremoscho:
1 euro +
gastos de envio.

Se pide un libro,
será de balde,
irá de agasallo.

Neste burato do mundo
non se repara na loita
somentes chegan as novas
que interesan presentar.

Ao traste con tanto invento
hai que machaca-lo feito
para iso está maquinado
e teñen que ter concerto.

Xa está todo programado
o civil e o militar
asesinan pola terra,
polo aire e polo mar.

Masacran vellos e nenos
¿preocupanlles que farán?
as potencias mundiais
están defendidas xa.

Os paxaros voadores
xa non lles deixan en paz
e as súas cagadas estoupan
facéndolles moito mal.

Somentes lles queda o sol
que alumee o gran día
que as novas xeraciós
rematen coa oligarquía.

Areta

A terra sangra
a terra chora
e pide auga
e sombra

Sofre de esquecemento
de penurias
de atencións
inatendidas

A terra se desangra
a terra se rebela
e estoupa, en charamuscas
de chumbo anquilosado
e duro

A Terra, beleza inmensa
de caricias mornas
nobre e entregada á vida
pide acoller a natureza
espida

Areta

Poesía

2001

Pidenos un marcapáxinas, enviaremoscho:
1 euro +
gastos de envio.

A poesía é verdade

Un porcura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores.

Busco a verdade en ti, rexa poesía
dos homes que labouran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.
Home total,
que vas e vés sin sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutus
do mundo, no profundo da historia,
na esperiencia dun día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxícoas maus do vento dondo
que acarriñan o mundo dende sempre.
Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.

Celso Emilio Ferreiro



A
Terra que nos deu o ser que nos recollerá na morte como semente de novas criaturas. A Terra, que cria frores nos campos para regalía dos ollos e albres para que canten os paxaros; onde atopamos sombra fresca no vrán e quentura garimosa no inverno; onde sofrimos a inquedanza das sementeiras e gozamos a ledicia das colleitas; onde o vendaval brúa nas ponlas dos carballos e funga nas cordas dos barcos; onde canta o vento nos piñeiraes; onde esboufan as ondas do mar nos cañons da ribeira e runxen nos areaes; onde por primeira vez ollamos a choiva, a brétema, o sol, o luar, o "arco da vella" e a noite estrelecida.
Castelao. Sempre en Galiza

Pidenos un marcapáxinas, enviaremoscho:
1 euro + gastos de envio.

Poesía 2000

Asentados sobre terra
esperades maravillas
na miseria.
Hacinados, enfermos
despreciados indefensos
na guerra.
Sodes monicreques dispostos
a que vos movan os fíos
dun lado e doutro.
Todo o voso desperdicio
sería pouco,
para servirllelo en bandexa
de prata e de ouro.
De fame, mortos.
De frío, mortos.
De sede, mortos.
De mente, extasiados
de privacidade, catapultados.

Sería pouco,
enterralos vivos,
por tanta xustificación absurda.
Sería pouco,
cuspirlles mil veces
por tanta presunción maniqueista.
Sería pouco,
colgalos nús,á vista
de todo o mundo
por tanta brutalidade inxusta.
TODO SERÍA POUCO
Pepa


Declaración universal dos dereitos humanos + marcapáxinas (con catro poemas).
2 euros (2€) + gastos de envio


Poesía 1999

Chegará o día presentido,
arelado;
o que reloce no cabo dunha ringleira
de malfadados.
Chegará sorrindo,
chegará cantando
himnos que ruban ata o ceo
por un camiño de berros
dapezados.
Nunha inmensa fogueira
arderán tiranías e arrallos
e choutarán os homes
coma nenos na festa do fumazo

Chegará o día
en que os barcos
non acharán peiraos nin adivais
pra arramplar con ilusións e brazos,
e nas vilas e aldeas
acabaranse arduras e farrapos.
Un home
non sera mais un espantallo.

Chegará o día ventureiro
para o pobo escenturado;
un mencer feito de séculos e bágoas
consignas e degaros.
Un día sin angurias e sin tebras.
Unha xornada nova,
o eco dun novo canto.

Xosé Neira Vilas