Ramiro Fonte
(Pontedeume, 1957- Barcelona 2008). Naceu en Pontedeume en 1957 e finou en Barcelona no 2008. Cursou os estudos na comarca do Eume e Ferrol onde pasou a sua xuventude, licenciouse en Filosofía e Letras, pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elexido membro da Real Academia Galega da Lingua.
Defensor da lingua e literatura galega, amante de Pessoa, de gran cultura literaria, gran bibliófilo poseedor dunha importe biblioteca con primeiras edicións.
Exerceu de profesor de Lingua e Literatura Galegas de instituto, profesor do Instituto Cervantes en Londres e dende o 2005 como director do Instituto Cervantes de Lisboa (Portugal). Poeta, narrador e ensaísta, foi galardonado cos premios da Crítica de Galiza, Losada Diéguez en 1984, Crítica Española 1989, Esquío en 1991, Irmandade do libro e Miguel González Garcés. En 1981 participou na fundación da revista Dorna e como poeta deuse a coñecer co Grupo Cravo Fondo, a finais dos 70.

Obras:
Cravo fondo (1977). Poesía
As cidades da nada  (1984). Poesía
Designium (1984). Poesía
Pensar na tempestade (1986). Poesía
“O retornado” (1986). Narrativa
As regras do xogo : (dez relatos en xénero negro)  (1990). Narrativa
Aves de paso (1990). Narrativa
Poesía galega (1990). Poesía
Pasa un secreto  (1991). Poesía
Adeus Norte(1991). Poesía
Escolma poética  (1991). Poesía
Fermín Bouza-Brey e a súa obra  (1992). Ensaio
Leopardos da lúa, os (1993). Narrativa
Sucasas   (1993). Poesía
Soños eternos (1994). Narrativa
Luz do mediodía  (1995). Poesía
Vento mareiro (1995). Poesía
O último Lodeiro (1995). Poesía
Persoas de amor  (1995). Poesía
As bandeiras do corsario : sobre poesia e poetas    (1995). Poesía
Poemas  (1996). Poesía
Ámbito dos pasos : antoloxía política  (1996). Poesía
O cazador de libros (1997). Poesía
Pasa un segredo (1998). Poesía
Catro novelas sentimentais (1998). Narrativa
Mínima moralidade (1998). Poesía
Imaxe de Galicia  (1998). Narrativa
Galician generation of the eighties : three poets  (1999).
Capitán Inverno  (1999). Poesía
A rocha dos proscritos   (2001).Poesía
Os meus ollos  (2003). Narrativa
Os ollos da ponte  (2004). Narrativa
A rocha dos proscritos : (poemas complementarios, 1994-2004)  (2005). Poesía
As pontes no ceo : vidas de infancia III  (2007). Narrativa