Valle-Inclán é un dos grandes escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, levou o mundo rural de Galicia a literatura española dándolle un carácter universal.

Ramón Valle Peña naceu en Vilanova de Arousa o 28 de outubro 1866, nunha familia acomodada, fillo de Ramón Valle-Inclán e Bermúdez, grande Galeguista republicano do século XIX. A súa nenez transcorre a cabalo entre Vilanova e a Pobra do Caramiñal. Estudia o Bacharelato en Pontevedra, acabando en 1885. En 1886 matriculase en Santiago na Facultade de Dereito, fondamente influenciado pola figura do seu pai, á morte deste en 1890 deixa os estudios de Dereito na Universidade de Santiago e marcha a Madrid, onde entra en contacto co mundo literario e publica artículos xornalísticos.
Seus verdadeiros apelidos eran Valle y Peña, pero como entre seus ascendentes figuraban os de Inclán e Montenegro, adoptou estes quedando así formado o nome completo do escritor "Don Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro".

A imaxinación viva de Valle-Inclán foi constantemente influída durante seus primeiros anos polos relatos que oía ao seu carón, que ás veces eran vellos contos populares galegos e outros recordos de membros da súa familia que tiñan pelexado baixo a bandeira do carlismo nas dúas guerras civís carlistas.

En 1892 viaxa desde México a Cuba, exerce en México de periodista no "El Correo Español" i "El Universal".
En 1893, a súa volta de México, Valle-Inclán instalase en Pontevedra, onde escribe algúns contos que publícanse en revistas literarias.
En1896 volta a Madrid. Frecuenta os faladoiros e leva unha vida bohemia, publica unha serie de narracións amorosas encadradas na Galicia rural. En 1899 perde o brazo esquerdo como consecuencia dunha pelexa, co escritor Manuel Bueno. Pouco despois conságrase coa tetraloxía "Sonatas", as aventuras dun Don Juan galego por Galicia, México, Italia e a España das Guerras Carlistas.

No ano 1906 estrea a obra teatral "El Marqués de Bradomín".
En 1907 se casa coa actriz Josefina Blanco, e tiveron varios fillos. O matrimonio ten un estreito contacto co teatro, froito do cal convertese en director artístico da compañía de María Guerrero. e inicia unha fecunda etapa de producción teatral e novelística, definida polas situacións conflictivas e as farsas sentimentais e grotescas, con frecuentes inspiracións na mitoloxía celto-galaica. Valle-Inclán renovou así o xénero teatral español do primeiro tercio do século, anticipándose ás vindeiras tendencias do paradoxo e do absurdo.

En 1910 vai en xira coa Compañía polo sur do continente americano .

No ano 1916, en oposición as posturas carlistas, identificase cos Aliados na I Guerra Mundial e lévao a percorrer o fronte de Francia.

En 1917 Valle-Inclán obtivo a cátedra de estética na "Escuela de Bellas Artes de San Fernando", en Madrid.

Volta a México en 1921 convidado polo Presidente Obregón e escribe "Tirano Banderas", unha sátira do colonialismo español e síntese da América dictatorial e revolucionaria

Valle alterna seu domicilio e Madrid con largas tempadas en Galicia.

En 1929 foi encarcerado por oporse a la Dictadura de Primo de Rivera.

En 1931 apoia a República e presentase a deputado a Cortes.
As diferencias coa súa esposa dan lugar a súa separación en 1932.
En 1932 foi nomeado conservador do "Tesoro Artístico Nacional".
En 1933 foi nomeado presidente do Ateneo de Madrid, Presidente de honor da Asociación de Amigos da Unión Soviética. Se adhire ao Congreso de Defensa da Cultura i é nomeado director da Academia Española de Bellas Artes de Roma , onde reside hasta 1934.


En1935: Regresa a Galicia e ingresa na clínica do doutor Villar Iglesias en Santiago de Compostela, dado o seu delicado estado de saúde. O 4 de xaneiro de 1936 agravase a seu estado, negándose a recibir axuda relixiosa, finando o día seguinte 5 de xaneiro as dúas da tarde.


Obras de Valle-Inclán
Teatro:
1907:Águila de blasón (Comedias bárbaras)
1909: Farsa infantil de la cabeza del dragón
1908: Romance de lobos (Comedias bárbaras)
1912: La Marquesa Rosalinda
1922 :Cara de plata (Comedias bárbaras)
1920: Divinas palabras
1920: Luces de bohemia
1920: Farsa italiana de la enamorada del rey
1921: Los cuernos de don Friolera
1922: Cara de plata (Comedias bárbaras)
1922: Farsa y licencia de la reina castiza
1926: Las galas del difunto
1927: La hija del capitán
Novela, relatos:
1895: Femeninas
1897: Epitalamio
1902: Sonata de otoño
1903: Sonata de estío
1904: Sonata de primavera
1905: Sonata de invierno
1908: Los cruzados de la Causa (Serie da guerra carlista)
1909: El resplandor de la hoguera (Serie da guerra carlista)
1909: Gerifaltes de antaño (Serie da guerra carlista)
1920: Jardín umbrío, histrorias de santos, de almas en pena, de duendes y ladrones.
1922: Corte de amor (Florilegio de honestas y nobels damas: cinco novelas cortas Rosita, Eulagia, Augusta, La Codesa de Cela y La Generala)
1926: Tirano Banderas
1927: La corte de los milagros (Serie do "El Ruedo Ibérico")
1928: Viva mi dueño (Serie do "El Ruedo Ibérico")
Póstuma: Baza de espadas (Serie do "El Ruedo Ibérico")
Poesía:
1907: Aromas de leyenda
1919: La pipa de Kif