Edita: Briga Edicións.
Germinal (centro de estudios sociais, cultura obrera na Coruña, 1092-1936)

Carlos Pereira Martínez e Ana Romero Masiá

En xuño de 1902 fúndase na Coruña o Centro de Estudios Sociais Germinal. Promovido por un grupo de obreiros, fundamentalmente de idioloxía libertaria, pero coa participación dalgúns republicanos, Germinal foi unha das institucións máis coñecidas, activas e significativas da Coruña do primeiro tercia do s. XX. Porque calquera coruñés da época sabía da súa existencia, o Centro organizador de conferencias, mitines, excursións, clases nocturnas para obreiros... e que contaba coa mellor biblioteca privada da cidade, así como cun Orfeón durante un tempo e un Grupo de Declamación.
Germinal, xunto con La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento, foron as institucións coruñesas de referencia para todo tipo de actos relacionados coa defensa da liberdade de pensamento, o anticlericalismo, as ideas libertarias e societarias. Ben como organizador, ben como colaborador, o Centro estivo sempre presente nos acontecementos deste tipo que tiveron lugar na Coruña. As múltiples clausuras que tivo que soportar non foron capaces de matar a institución que, dende o principio, nace con espírito rebelde e disposta a soportar todas as dificultades que se presenten no seu camiñar.
Os máis destacados líderes obreiros coruñeses foron, nalgún momento da súa traxectoria directivos de Germinal, de aí que non se poida entender a labor desta sociedade, de emancipación pola cultura, sen situala no seu contexto histórico.
Con este libro, Carlos Pereira Martínez e Ana Romero Masiá contribuíen a proporcionar un pouco máis de luz nese ámbito xeralmente esquecido polos historiadores, o mundo obreiro, que se viu na necesidade de xerar unha proposta cultural alternativa para a súa formación intelectual.

voltar a principal    facer pedido
Os precios dos libros en España están marcados, por lei, polos editores, son precios fixos que non dependen do mercado.O precio nunca superará o establecido por lei, ou marcado como de venda ao público polo editor, limiarlibros.com poderá dentro dos marxenes legais ofrecer descontos aos seus clientes. Poñeremos-nos en contacto con vostedes para informarlles polo miúdo do custo e características da súa petición.
Aos precios se lles aplica o imposto de valor engadido, en relación ao pedido, que para o caso dos libros é do 4%, e para material didáctico en xeral do 16%. Os envíos faranse previo pago, que comunicaremos.
Obrigados pola súa atención.
Los precios de los libros en España están marcados, por ley, por los editores, son precios fijos que no dependen del mercado. El precio nunca superará el establecido por ley, o el marcado como de venta al público por el editor, limiarlibros.com podrá dentro de los límites legales ofrecer descuentos a sus clientes.Nos pondremos en contacto con usteses para informarles del costo y características de su petición. A los precios se les aplica el impuesto del valor añadido, en relación al pedido,que para o caso de los libros es del 4%, y para material didáctico en general del 16%. Los envios se realizarán previo pago , que indicaremos.
Gracias por su atención.

voltar a principal  
Exemplares Tipo de pedido Desexa recibir nosa publicidade?
Nome(*)  1ºApelido(*)  2ºApelido(*)
Enderezo(*)  Andar C.Postal(*)
Localidade      Provincia      País
Teléfono fixo Teléfono móvil    Email(**)
Comentarios (*) Necesarios (**) Imprescindibles