Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte
converte as páxinas destas memorias primeiras nun relato emocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa esencial,
cristalina e precisa, dotada dunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta. Ademais
dun exercicio de recuperación vivificadora da memoria individual e colectiva, “Os meus ollos (Vidas de infancia)” é,
tamén, un ensaio sobre a vivencia da perdurabilidade do tempo e dos espacios humildes que nos son queridos. Un relato
engaiolante no que o autor emprega a emoción, a piedade e certa ironía para recuperar espacios derruídos polo tempo e
devolverlle a vida a ducias de personaxes reais, populares, tratados co mesmo rango cós protagonistas históricos.
Historias particulares que demostran que o local é o universal. Un libro de historia cotiá que se le coa mesma paixón
que nos proporcionan as novelas exemplares. Unha obra que demostra a vixencia da frase de Baudelaire,
“O xenio non é máis que a infancia netamente formulada”; e proba que a infancia non representa o camiño, senón todo o camiño.
“Os meus ollos”, primeira entrega dunha obra máis ampla na que Fonte está a traballar, abre unhas perspectivas inéditas na narrativa contemporánea. Unha grande novela para ler varias veces.
a menú |