Retorno a Tagen Ata

Méndez Ferrín, X. L.

Ed: Xerais.
128 páx. ; 13,00 x 21,00 cm
Encuadernación: Rústica cosido a fío

X.L. Méndez Ferrín creou en Retorno a Tagen Ata unha xeografía imaxinaria -Anatí, Tagen Ata, Terra Ancha- co obxecto de aproximarse poética e fantasticamente a certas tensións que se producen a finais dos anos 60 entre o nacionalismo galego do exilio-emigración en América e o do interior, e mais as relacións de conflicto entre o Estado español e a nación asoballada.
A presente edición inclúe un documentadísimo estudio introductorio de Antón Capelán, 'Invitación á viaxe', sobre o contexto histórico e político no que a obra foi escrita. O profesor Capelán sinala que con Retorno a Tagen Ata culminaba a ruptura xeracional que se viñera xestando desde finais dos anos cincuenta no ámbito da creación estética: Nova narrativa galega, rexeitamento da poesía imaxinista e neotrobadoresca, e defensa da pintura informalista de A Gadaña.
A presente edición do texto ferriniano, conclúe cun epílogo onde Ramón Nicolás Rodríguez recopila as críticas e outros textos sobre a obra: recensións sobre as tres edicións realizadas da obra, diversos comentarios críticos, fragmentos de varias entrevistas a X.L. Méndez Ferrín e críticas e informacións sobre a teatralización do texto.
En definitiva, unha edición moi coidada para un dos textos emblemáticos e míticos na obra narrativa ferriniana.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 404
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary