Canícula

Mariña Pérez Rei

Ano de Publicación. 2007
Xénero. Narrativa
Editorial. Sotelo Blanco
Coleccion. Medusa
Número de pax. 188

O cambio climático condiciona a vida na Galicia do futuro. Os exiliados resisten as temperaturas extremas nos desertos áridos do interior, mentres os habitantes libres do andazo sobrevivenen en grandes plataformas flotantes no mar, afastados do territorio da enfermidadee supostamente amparados por unha sociedade perfecta. Neste reduto da civilización, os sucesos fantásticos mestúranse cos acontecementos cotiáns, facendo difícil distinguir a realidade da ficción e creando unha enganosa impresión da existencia. Os cidadáns viven sometidos ao rigoroso control da Torre Aloia, o ollo orwelliano que vixía os seus actos, e porén, fuxindo do determinismo ambiental e do horror dos seres prefabricados, o Capitán Silva loita contra o uniformismo nunha fuxida cara a adiante, na procura desesperada da memoria e da identidade. O fío condutor da novela Canícula é a soidade humana, alimentada polo avance da deshumanización e o silencio nun ambiente sórdido. A obsesión dos seus protagonistas é fuxir da canícula interior, do pensamento único. O seu desexo é poder sentir á fin o recendo dunha liberdade real.

voltar a principal     facer pedido
Os precios dos libros en España están marcados, por lei, polos editores, son precios fixos que non dependen do mercado.O precio nunca superará o establecido por lei, ou marcado como de venda ao público polo editor, limiarlibros.com poderá dentro dos marxenes legais ofrecer descontos aos seus clientes. Poñeremos-nos en contacto con vostedes para informarlles polo miúdo do custo e características da súa petición.
Aos precios se lles aplica o imposto de valor engadido, en relación ao pedido, que para o caso dos libros é do 4%, e para material didáctico en xeral do 16%. Os envíos faranse previo pago, que comunicaremos.
Obrigados pola súa atención.
Los precios de los libros en España están marcados, por ley, por los editores, son precios fijos que no dependen del mercado. El precio nunca superará el establecido por ley, o el marcado como de venta al público por el editor, limiarlibros.com podrá dentro de los límites legales ofrecer descuentos a sus clientes.Nos pondremos en contacto con usteses para informarles del costo y características de su petición. A los precios se les aplica el impuesto del valor añadido, en relación al pedido,que para o caso de los libros es del 4%, y para material didáctico en general del 16%. Los envios se realizarán previo pago, que indicaremos.
Gracias por su atención.

voltar a principal
Exemplares Tipo de pedido Desexa recibir nosa publicidade?
Nome(*)  1ºApelido(*)  2ºApelido(*)
Enderezo(*)  Andar C.Postal(*)
Localidade      Provincia      País
Teléfono fixo Teléfono móvil    Email(**)
Comentarios
(*) Necesarios para contestarle
(*) Necessary to answer him(her)