Diccionario Tecnolóxico de Electricidade e Electrónica

Rodríguez Portabales, Emilio

Ed: Xerais.
384 páx. ;16,00 x 22,00 cm
Encuadernación: Cartoné

A normalización lingüística dun país soamente se poderá alcanzar cando se fale e se escriba na súa lingua propia en tódolos campos do saber. Non abonda que se empregue na vida cotiá, nas transaccións comerciais, na literatura, na arte, na historia, na xeografía... A lingua ten que ser empregada en tódolos eidos: na xustiza, na medicina, na técnica, etc.
A idea, fondamente arraigada entre os técnicos, da inutilidade deste empeño debido á colonización doutros idiomas –o inglés fundamentalmente- non é válida por unha razón moi sinxela: atópanse na mesma situación idiomas como o castelán, o catalán, o portugués, o francés, etc., nos que a incorporación de termos ingleses é moi grande e, sen embargo, son idiomas empregados na técnica.
A tecnoloxía –as tecnoloxías- en Galicia deben expresarse en galego, se ben é certo que non se poden pechar os ollos á realidade que supón a necesidade de incorporar termos foráneos universalmente empregados. Se non se incorporan estes termos á nosa lingua córrese o risco de facer do galego un idioma de uso case exclusivamente testemuñal.
O Diccionario Tecnolóxico de Electricidade é Electrónica, de máis de 6.000 entradas, non só contén termos exclusivamente eléctricos e electrónicos senón que, ademais deses ter-mos, inclúe outros referidos a materias afíns (Informática, física, química, mecánica, acústica, telecomunicacións, radiotecnia, etc.).
Introdúcese no diccionario un gran número de siglas e acrónimos que teñen unha ampla difusión na linguaxe e na literatura técnicas, co obxecto de aclarar a súa procedencia e significado. Ademais inclúense debuxos, fotografías, circuítos eléctricos e electrónicos, táboas, etc., co dobre obxectivo de aclarar algúns conceptos e definicións e de facer máis doada a consulta do diccionario.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 941
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary