memoria de Ferrol, A

Díaz Martínez, Carlos; Alcalá, Xavier; Ponte Far, José A.;Rodríguez-Villasante Prieto, José Antonio

Ed: Xerais.
Páxinas: 64 Formato: 22,50 x 27,50
Encadernación: Cartonado
GRANDES OBRAS>ÁLBUMS DE POSTAIS

A memoria de Ferrol recolle máis de douscentas tarxetas postais circuladas que recuperan a memoria da cidade ferrolá nas dúas primeiras décadas do século XX. Unha espléndida colección de postais, preparada e catalogada por Carlos Díaz Martínez, na que se intercalan tres evocadores textos literarios (en galego, castelán e inglés): “Ferrol no primeiro tercio do século XX” de José Antonio Ponte Far, “O Arsenal e os buques da Armada” de Juan A. Rodríguez-Villasante Prieto e “Construíndo acoirazados” de Xavier Alcalá. Un libro de luxo, encadernado en tea con estoxo, que constitúe un paseo pola ría e o mar da Ferrolterra, polas rúas, prazas e paseos da Madalena, polo Arsenal e os seus diques, e polas paisaxes da bisbarra ferrolá. Nesta recompilación de postais da «época clásica» (1900-1920) dispoñemos de poucas imaxes de Ferrol nas grandes series dos impresores e editores foráneos: as fototipias de Madrid (Hauser y Menet, Romo y Füssel e Grafos) ou de Barcelona (Thomas). A mesma escasez perdura nos anos da edición por heliotipia (1920-1936) coas produccións madrileñas (Kallmeyer y Gautier e da Heliotipia Artística Española) e barcelonesas (fotografías de L. Roisin). Mención especial merece a serie dos anos 1903-1905 editada por El Correo Gallego e realizada coa técnica da fototipia coloreada polo afamado impresor de arte Julius Nagelschmidt, afincado en Berlín (Alemaña). As numerosas postais de que dispoñemos non mencionan aos fotógrafos, agás a extensa producción de Couce que edita el mesmo co selo de Nores y Couce. Por xustiza recoñecemos o esforzo editorial de grandes series realizadas pola Papelería de Emilio Moliné, ou Casa Leira e Bacón y Pita. Esta pequena homenaxe garda a praza de honor para a diversa producción impresa primeiro polo Diario Ferrolano e despois por El Correo Gallego, case que un tercio da selección presentada neste álbum. No apartado de curiosidades mencionaremos a colección de carácter publicitario da Sociedad Española de Construcción Naval.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 829
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary