55 mentiras sobre a lingua galega

Costas González, Xosé Henrique

Ed: Laiovento.
584 p. 21x14 cm
Rústica con lapelas

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua fai a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego.
 a menú

ini
FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 829
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary
www.limiarlibros.com