O libro non pretende ser unha historia da literatura senón máis ben un estudo de natureza bio-bibliogáfica.
Ferrol representa, sen dúbida ningunha, a cabeceira da comarca, o punto de referencia doutros concecllos. Así, os escritores estudados neste libro son no só os que tiveron as terras de Ferrol cono lugar de nacenza, senón tamén os que se criaron nel e os que se asentaron nesta comarca a desenvolver a súa vida profesional.
Moitos son escritores dados por esta comarca á nómina literaria galega. Este libro sistematiza cronoloxías e autores e pretende ser exhaustiva. Da Idade Media ao momento actual, a práctica totalidade da literatura galega feita en Ferrol recóllese nas páxinas deste traballo de Henrique Dacosta, unha homenaxe á cultura da cidade, mestura de racionalidade e imaxinavión, e unha defensa deo seu papel en Galiza.
a menú |