Unha obra sobre a situación alarmante que vive a lingua galega. No texto analízanse as causas de fondo polas que o galego perde na actualidade máis falentes que nunca. O autor considera que as razóns desta decadencia, moi acelerada nos últimos anos, hai que buscalas no deficiente descurso teórico e na práctica negativa ou confusa de todas as orgaizacións políticas e da maioría das institucións públicas desde o comezo da democracia. Feita con rigor, esixente e sen enganosas compracencias, esta obra está escrita por unha das persoas que coñecen mellor a realidade social do idioma galego.
Dirixido aos que queren reflexionar libremente sobre a lingua. Un libro con moitas preguntas como estas:
Por que cando Europa esta a construír grandes rexións e o mundo camiña cara a globalización, en Galiza óptase por afondar as distancias culturais con Portugal e Brasil? Por que en Galiza practicamente non se estuda o Portugués?...
a menú |