Ernesto bo día

Autor.:José Campanari, José
Ilustración. Vaz de Carvalho, Joãol

Ed: OQO.
Páxinas: 40

Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta; a cita era ás seis, nin un minuto antes nin un minuto despois. Ernesto saiu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pal e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron pingas, choveu e ventou... mentres a familia da noiva, desacougada, miraba o reloxo porque Ernesto non daba chegado.
Contidos e linguaxe accesibles a primeiros lectores, aos que se engaden ilustracións moi expresivas, en complicidade perfecta coa narración, porque están concibidas para non perder de vista o que acontece nos dous ambientes nos que se desenvolve a historia: a rúa e o interior da casa de Henriqueta.
Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó -ao mal tempo boa cara-, non perda o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza. O final, con desenlace feliz, reforza o optimismo que rezuma este álbum.
 a menú

FORMULARIO DE PEDIDO / ORDER FORM

Exemplares/Unit Pagamento con, ou/payment by, or

Nome/Name(*)  1ºApelido/Last name(*)  
 2ºApelido  
Enderezo/Address  Andar C.Postal  
Localidade      Provincia       
Teléfono fixo/Telephone Teléfono móbil/Mobile   
País/Country(*) Email(*)   Escriba nº de control 402
Comentarios/Comment       ¿ Publicidade?    
(*) Necesario/Necessary
www.limiarlibros.com