Urbano, que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison, cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra. Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra.
Esta producción, integramente galega, rodouse na Coruña e viu a luz dous anos despois de rematarse.
Ficha artística
Dirección: / Carlos Amil
Dirección artística: / Ignacio Pardo
Dirección de produción: / Xosé Cabanas Cao / José Luís Jiménez
Dirección fotografía: / Ángel Luís Fernández
Guionista: / Carlos Amil / Xoán Cejudo / Daniel Domínguez / Joaquín Jordá
Intérpretes: / Javier Albalá / Tatiana Amil / Manuel Botana / María Bouzas / Mercedes Castro / Susana Dans / Sabina Díaz Antón / Mario Gas / Paco Lodeiro / Luisa Martínez / Rebeca Montero / Xosé Manuel Olveira “Pico” / Josito Porto / Pilar Punzano / Carolina Ramos / Nuria Sanz / Rosa María Sardá / Patricia Vázquez / Tuto Vázquez
Montaxe: / Carlos Amil
Música: / Nani García / Francisco Rosa
Produción: / Xosé Cabanas Cao
Xefatura de son: / Juan Borrel
a menú |