DVD que contén O asasinato no castelo de Drácula (I parte), O asasinato no castelo de Drácula (II parte) e O asasinato da lendaria muller de neve. No castelo de Drácula, Conan debe investigar a morte do señor Torakura, afamado escritor de novelas de terror. Na seguinte aventura, Mouri, Ran e Conan van coñecer á actriz Akiko e á súa especialista Yoko. Nun refuxio de neve, a afamada actriz resulta morta do mesmo xeito que unha personaxe que ela mesma interpretara. Baseado na banda deseñada de Gôshô Aoyama.
a menú |