Galiza Historia.Etnografía... Lista de obras Páxina 2 de 2    
Imaxes do patrimonio arquitectónico desaparecido
Acuña, Xosé Enrique e Cabo, Xosé Luís
Edita: Ir Indo.
PVP: conforme tarifa

memoria de Ferrol, A
Díaz Martínez, Carlos; Alcalá, Xavier; Ponte Far, José A.;Rodríguez-Villasante Prieto, José Antonio

Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

Máis de cen imaxes en branco e negro do que foron grandes edificios en Galicia, hoxe desaparecidos debido ao paso dos anos, ao abandono ou á simple especulación, conforman esta obra. Foron importantes construcións que marcaron unha época, como o Edificio Castromil, en Santiago de Compostela; o cine Odeón, en Vigo; o Atlantic Hotel da Coruña ou o Balneario de Mondariz, das que se dá conta graficamente nesta inxente obra recompilatoria, co que se consegue libralos do esquecemento. A memoria de Ferrol recolle máis de douscentas tarxetas postais circuladas que recuperan a memoria da cidade ferrolá nas dúas primeiras décadas do século XX. Unha espléndida colección de postais, preparada e catalogada por Carlos Díaz Martínez, na que se intercalan tres evocadores textos literarios (en galego, castelán e inglés): “Ferrol no primeiro tercio do século XX” de José Antonio Ponte Far, “O Arsenal e os buques da Armada” de Juan A. Rodríguez-Villasante Prieto e “Construíndo acoirazados” de Xavier Alcalá. Un libro de luxo, encadernado en tea con estoxo, que constitúe un paseo pola ría e o mar da Ferrolterra, polas rúas, prazas e paseos da Madalena, (...+...)
As Construccións da Arquitectura Popular. Patrimonio etnográfico de Galicia
Caamaño Suárez, Manuel
Edita: Hércules.

Os muíños
Bas, Begoña e Varela Vilariño, Xosé

Edita: Ir Indo.
PVP: conforme tarifa
Manuel Caamaño Suárez, profesor emérito da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña, é autor desta brillante obra, na que se realiza un dos estudos máis completos sobre a arquitectura popular de Galicia, considerándoa patrimonio etnográfico. Todo iso co obxectivo de rescatala para a nosa memoria histórica, e defendela e preservala como elemento que contribúe a conformar a nosa identidade colectiva. (...+...)

También en castellano.
Recupérase a figura do muíño con este estudo etnográfico acompañado dunha atractiva galería de imaxes de alta calidade testemuñal e estética que dan conta da diversidade de construcións e das características básicas de cada tipoloxía de muíño. Muíños de mareas, hidráulicos, de vento, manuais… o resultado é unha auténtica guía de luxo para coñecer en profundidade o mundo da moenda e a forma de vida que xerou ao seu redor na Galicia tradicional.
memoria de Lugo, A
Díaz Martínez, Carlos; Diéguez, Lois; Galdo, Fausto; Manuel María; Martín, Paco


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

vida nos balnearios de Galicia, A
Leboreiro, María A.

Edita: Ir Indo.
PVP: conforme tarifa
O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, (...+...) O balneario é un espazo contraditorio de luces e sombras, onde curación e pracer se supuperpoñen. Un espazo de auga e lasitude, de transgresión e esquecemento. Un lugar, en definitiva, onde a dor parece agocharse para non romper o feitizo. O libro trae á actualidade aquela vida tranquila, afastada do ritmo nervioso de hoxe, e recupera a lentitude do tempo a través da mirada pousada en postais antigas, en gravados e en fotos actuais cun cheiro de espazo perdido.
memoria de Santiago, A
Díaz Martínez, Carlos; Cores, Baldomero; Seixas Seoane, Miguel Anxo


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
memoria de Ourense, A
Díaz Martínez, Carlos; Valcárcel, Marcos;Caneiro, Xosé Carlos


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, pertencentes todas elas á colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade urbana de Compostela neses tempos: dende a reticulación urbana e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. Nos anos do noso percorrido a vida social (ilustrada no traballo de Baldomero Cores Trasmonte, “Minerva de Occidente”) da cidade xira, esencialmente, entorno a dúas realidades sociais contradictorias: relixión e cultura. (...+...) A Memoria de Ourense recolle máis de cen postais, todas elas datadas e catalogadas nas tres primeiras décadas do século xx, sobre presencias gráficas da cidade de Ourense e das vilas máis significativas da provincia. O volume, precedido por unha presentación realizada polo coleccionista e editor da obra, Carlos Díaz Martínez, recolle dous ensaios literarios preparados por Marcos Valcárcel, “Ourense, a gran cidade literaria” e por Xosé Carlos Caneiro, “Ourense, a metáfora e o mar”. Como nos volumes anteriores, os textos aparecen traducidos para o castelán e para o inglés. O volume remata cunha bibliografía e catalogación de cada unha das pezas gráficas recollidas na obra.  
memoria de Betanzos, A
Díaz Martínez, Carlos; Erias Martínez, Alfredo


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa


memoria de Tui, A
Díaz Martínez, Carlos ; Cameselle Capón, Roque


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
“A memoria de Betanzos” recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na colección de Xerais de Álbums de Postais, presenta por vez primeira unha coidada selección da historia gráfica de Betanzos, indispensable para a conservación do patrimonio monumental desta cidade histórica e da mellor difusión do seu (...+...) Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX. Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son (...+...)
memoria de Redondela, A
Xesteira, Xosé Ángel ;Borines, José Luís


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

memoria de Pontevedra, A
Díaz Martínez, Carlos; Fortes, Xosé; F. Freixanes, Víctor


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
Redondela non é exclusivamente unha vila senón un concello que aglutina trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Redondela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela e Vilar de Infesta; cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando ó mar, outras, mirando ó agro, outras ó monte, outras urbanas. Pero a Redondela que se recolle neste álbum de postais ten aspectos ben concretados no destacable, no exótico. A praia, a illa de San Simón, aspectos e recantos da vila, e, sobre todo, os dous viaductos, que salvan o val, (...+...) As primeiras fotografías de Pontevedra, de 1901 a 1904, son editadas na series das editoriais foráneas: Hauser y Menet, Grafos e Castañeira y Álvarez (Madrid), Kallmeyer y Gautier, Thomas (Barcelona) e E. J. P. (París-Irún), mais coa ausencia da autoría dos fotógrafos. Coa consolidación comercial desta moda, sonados fotógrafos (Novás, Pedro Ferrer, Roisin...) inician as mellores series con Galicia como tema, se ben os exemplares dedicados a Pontevedra son escasos. O legado pasará á iniciativa local cunha producción de moi alta calidade, resultado da complicidade entre fotógrafos e comerciantes. Como mostra hai que mencionar as series do fotógrafo Francisco Zagala, (...+...)
memoria de Vigo, A
Martínez-Herrera, Juan F. ; Vázquez Gil, Lalo; Franco González, Xesús ; Méndez Ferrín, Xosé Luís


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

memoria do Carballiño, A
Díaz Martínez, Carlos; Felipe-Senén


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
Un álbum de postais sobre o Vigo antigo. A memoria de Vigo é un auténtico álbum no que se recollen máis de duascentas das mellares tarxetas postais sobre a cidade de Vigo. A arquitectura, as xentes, as vistas da cidade de hai un século recuperadas nun libro de luxo con encadernación en tea. Inclúe ensaios de Víctor F.Freixanes, Lalo Vázquez Gil, Xesús Franco González e X.L. Méndez Ferrín en galego, español e inglés.   O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño –preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez– iníciase a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia e calidade de edición. A importancia (...+...)
memoria de Mondariz-Balneario, A
Díaz Martínez, Carlos; Bragado Rodríguez, Manuel; Álvarez Limeses, Xerardo


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

memoria de Vilagarcía, A
Díaz Martínez, Carlos; Seixas, Manuel


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet, Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, (...+...) O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso (...+...)
memoria de Cambados, A
Díaz Martínez, Carlos; Fernández Rei, Francisco

Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

memoria de Vilalba, A
Díaz Martínez, Carlos; Novo Cazón, José-Luís


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo, a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños (...+...) “Albums de postais”, que recollen a imaxe proxectada nas tarxetas postais, durante as primeiras décadas do século XX, dalgunhas das vilas galegas emblemáticas, Xerais publica A memoria de Vilalba. José-Luís Novo Cazón, presidente do Instituto de Estudos Chairegos, preparou o ensaio introdutorio, titulado “Vilalba na memoria”, na que realiza un amplo percorrido pola historia (dende a orixe remota ata a Vilaalta medieval, dende o desenvolvemento urbano da vila murada á cidade aberta na Idade Contemporánea), e pola memoria recente da súa vila natal. O auxe e decadencia das feiras, as institucións benéficas e educattivas, a república literaria e xornalística, as iniciativas artísticas e musicais, o asociacionismo e apolítica, ou as diversións vilalbesas son outros temas que aborda o fermoso texto literario.

O Entroido galego

Federico Cocho

Edita: A Nosa Terra.
PVP: conforme tarifa


memoria da Coruña, A
Díaz Martínez, Carlos; Felipe-Senén; Barreiro Fernández, Xosé Ramón; Reiriz Rey, Jesús María; Fernán-Vello, Miguel Anxo


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa
O Carnaval, o Entroido é a gran festa de festas, todo un compendio de creativa espontaneidade, por unha banda, e de repetición de seculares rituais por outra. O xurado do concurso para seleccionar os libros mellor editados durante 1995, acordou galardoar a Edicións Xerais de Galicia co Premio na modalidade de libros de Obras Xerais e de Divulgación a: "A memoria da Coruña. Álbum de postais". Da man do coleccionista, Carlos Díaz Martínez, Xerais publicou un fermoso álbum de postais sobre a cidade da Coruña. Continuando así a serie de álbums que se iniciou coa publicación de ‘’A memoria de Vigo’’ en 1994. As características da edición deste volume singularízano de calquera outro tipo de álbum semellante dos publicados no resto do Estado: o seu respecto (...+...)
Galiza Historia.Etnografía... Lista de obras      Páxina 2 de 2