Este número de Ferrol Análisis, xestado en pleno Ano da Ciencia, cobixa pois, unha área de máxima actualidade: a producción cientifíca , coa inclusión de varios traballos que abordan distintos aspectos das ciencias, pero tamén ten un espazo para o recordo coa recuperación do filósofo e xornalista Carlos Gurméndez a cuxa figura o Club de Prensa dedicou o Curso de Verán de Pontedeume Carlos Gurméndez deste ano, con motivo do décimo aniversario do seu pasamento.
Non desmerecen en nada o resto de aportacións da revista que aportan valiosa información sobre cuestións diversas como diversa é a actualidade e os intereses culturais do momento.
María Ares Sanmartín.
Ferrol Análisis, nº 22
Índice:
Editorial
Ferrolterra
El futuro de la industria naval militar (Natalio Rodíguez). En la industria un riesgo adicional (Miguel Fernández Fernández). PYSBE: bacallau con denominación de orixe de Ferrol (Henrique Sanfiz). As eleccións municipais de 2007 en Ferrol. Enquisas , resultados e claves explicativas ( Xosé Leira López e Carlos M. Abella Vázquez). O bicentenario de Jenaro Pérez Villamil. Galicia na súa obra e viaxes ( Juan J. Burgoa). Políticas de memoria en la ciudad de Ferrol: el legado del Franquismo (José María Cardesín). Ferrol-La Habana: narrativas de la memoria (Carlos Martí Brenes).
Galicia
Os bailes do Centro Galego da Habana en 1900 (Luís Alonso Girgado). A iconografía galega de García Lorca (Siro). Valente: o terceiro espello (Xoán Anxo Vázquez). As novas festas laicas en Galicia (Eduardo Fra Molinero).
Estudio monográfico
Gurméndez en los espacios abiertos de Ferrolterra (Germán Castro). Carlos Gurméndez , algunas anécdotas biográficas (José Ramón Ariño). Emilia Patiño, unha vida con Carlos Gurméndez. As vivencias da muller que o apaixonou (Fernando Vidal). Tres filósofos, tres periódicos: Ortega y Gasset, Alberto Camus, Carlos Gurméndez (Jerónimo Gonzalo). Carlos Gurméndez, el capitalismo y el amor (Esperanza Guisán). A paixón política nos medios de comunicación (Fermín Bouza)
'Sobre la manera de expresarse así entre nosotros' una lectura de 'Marianela' de Pérez Galdós (José Luís Mora García). ¿Está en crisis la filosofía marxista? (Manuel Cruz). La ética, las pasiones y la razón (10 años después). En defensa del gobierno ético de la razón (José Luís Tasset). La melancolía y las pasiones en la obra de Carlos Gurméndez (Francisco Alonso-Fernández). Un marxista revolucionario (Antón Baamonde). Los filósofos del exilio en 'Cuadernos Americanos' (Ana González Neira). Unamuno y la esperanza española del ser (Carlos Gurméndez)
Internacional
Técnicas de reproducción humana asistida (María Graña Barcia). La niña y el buitre (Gabriel Fraga De Cal). El Sindicato de Sanidad de Santiago de Compostela, 1931-1936: una experiencia frustrada (José Vicente Martí Boscà, Antonio Rey González, Eliseo Fernández Fernández, David Simón Lorda). Políticas y estructuras de la información en la segunda república (Rosa Cal). Las pruebas de cristiandad y el tribunal del Santo Oficio (Manuel Ángel de Lobeiras). Simbología de la comida en la historia del arte (Carolina Camañes).
Cartulario
Energía nuclear: desarrollo y ventajas (Eduardo González Gómez). Panorama de las energías renovables en el mundo y Galicia (Manuel Lara Coira).
Documentación
La crisis de Guinea Ecuatorial (1969) (Miguel Fernández y Fernández)
Creación (Pastor Rivera)
Portafolio (Álvaro Ballesteros)
Cadernos 21: El Puerto y los Puertos de Ferrol (El pasado y el futuro)
Vencellados co mar e os barcos
María Ares Sanmartín. Directora de Ferrol Análisis.
Os Cadernos de Ferrol Análisis están creados cunha atmósfera ferrolana, con e desde un sentido patrimonial elaborado ao longo da historia local. Con arranxo a este criterio, o Consello de Redacción recomendou e encargou realizar o proxecto editorial, inédito ata hoxe, de: O Porto e portos de Ferrol. O pasado e o futuro.
En efecto, a tradicional liña de investigación a documentación histórica tantas veces vinculada co mar e os barcos que leva tras de si o Club de Prensa, viuse impelida, en grande parte , polo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrai, Amable Dopico. El como nós, captou a necesidade e o desexo de investigar e divulgar un legado histórico de singular importancia e ao que non se lle prestou desde a esfera pública a atención debida: a catalogación e documentación do legado fotográfico realizado ao longo de máis de noventa anos, xunto cos estudios sectoriais e xenerais realizados por especialistas na actualidade.
Nesta atmósfera respiraron e viviron intensamente Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Gómez. Documentaron e investigaron sendo conscientes do reto que supuña, con máis paixón que medios materiais, crear e conseguir esta proposta co rigor e a independencia que lles é propia e coa que obriga ser membro dun 'faro' xornalistico: O Club de Prensa de Ferrol.
Neste libro estruturáronse catro apartados monográficos que comezan en 1900 e rematan no século XXI, e quero subliñar que o lector atopará cumprida conta nestas fotos e nos textos deste volume, a decidida intención de aunar esforzos por Ferrol. De ir todos xuntos nesta área de investigación e recuperación histórica, embridada coa actualización e potenciación do presente que tanto nos une.
Ante a realidade, xa plasmada neste libro, unicamente queda por reiterar, como directora das publicacións do Club de Prensa de Ferrol, a necesidade de manter o esforzo común do Consello de Redacción para abrir novas, diversas e sucesivas actuacións sobre o patrimonio industrial de Ferrol e na enxenaría civil (tal como se denomina no mundo á enxeñaría de Camiños) que permaneceu totalmente illada da Historia da Arte (ata 1904 non tivo entrada na universidade española o ensino da Historia da Arte con este título exacto, cando en Berlín xa se instalara en 1844), quedando aberta a todos os lectores a interpretación das imaxes e textos que fixemos frutificar, co mellor sentido, nesta publicación que desde agora resultará difícil non contar como achega ás obras portuarias de Ferrol.
Índice
Vencellados co mar e os barcos (María Ares)
Somos un pueblo de mar (Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez)
O devir do noso futuro / El devenir de nuestro futuro (Amable Dopico)
El Puerto de Ferrol en continua transformación (Susana Roel)
Reflexiones sobre la Galicia Maritíma (Fernando González Laxe)
La Ría, Ferrol, el Arsenal (Miguel A. Fernández)
El Puerto y los Puertos de Ferrol, unos apuntes históricos (Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez)
Puerto, 1900-1950
Puerto, 1950-1970
Puerto, 1970-2000
Puerto, siglo XXI
Trasatlánticos
a menú |