A causa principal da nosa emigración a América foi, incuestionablemente económica: anchear unhas leiras, redimir uns foros, erguer unhas paredes, millorar a vida. motivación lexitima. Pero en moitos casos había algo tamén de aventura. E o mar chamaba. Un barco á porta, coma quen dis, supoñía un convite. Por eso, insa que se ía xente de todo o país, mais eran os das Mariñas, os habitantes da periferia costeira, sobre todo con destino a Cuba. (Xosé Neira Vilas).
a menú |