Historia, etnografía    Autores galeg@s contemporane@s  Divulgación Lingua, dicionários     Letras galegas   Ferrolterra
Lista de obras
    Galiza
 Páxinas          

Na derruba
Mariño Pazó, Paula

Edita:Ir Indo
PVP: conforme tarifa

Aconteceres
Ledo, Bieito

Edita:Ir Indo
PVP: conforme tarifa
Esta obra é unha escolma de relatos onde a autora, cunha mestría de linguaxe e estilo moi orixinais, parte de formas correntes do noso entorno para contar historias actuais, frescas e directas, facendo reflexionar ó lector sobre as moi diferentes temáticas tratadas. O impacto, o estilo veraz e directo, e a cosntrucción narrativa son as principais armas de seducción destas narracións, que enganchan ó lector facéndoo cautivo da ficción na que nos introduce... Bieito Ledo, director de Ir Indo Edicións, toma por primeira vez a pluma, trastocando o seu papel de editor polo outro lado do mundo literario, presentándonos a súa inédita faceta de escritor. Na súa ópera prima, Ledo desenvolve un conxunto de historias, anécdotas, e livianos contos, dotados dunha lectura sinxela e suave no que se nos mergulla por obra do estilo directo e austero dun escritor sen ínfulas de divo, senón tomando o rol dun contador de historias, oficio vello e nobre do coro tradicional das aldeas galegas. Esta obra cativa recolle diferentes vivencias plasmadas coma un conxunto de narracións sen orde nen estructura, pero cun nexo de unión clave: o punto de vista do autor, que nos presenta as súas reflexións dende a súa experiencia vital, o seu profundo saber, e toda una resabiada visión do mundo, ora en forma de chanza, ora en forma de profunda serenidade.

Outra idea de España

De Toro, Suso

Edita:Xerais
PVP: conforme tarifa

Biblia popular galega

Chao Rego, Xosé

Edita:Xerais
PVP: conforme tarifa
Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.  Neste libro fermoso, Xosé Chao Rego ofrece cen traducións doutros tantos fragmentos da Biblia. Un traballo de tradución e interpretación concienzudo e erudito, acompañado de comentarios, notas e versificacións, que constitúe unha síntese acaidísima para que o grande público poida achegarse ao texto bíblico na nosa lingua. O nacemento de Israel, a alianza de Abraham, a risa de Sara, ¿qué sucedeu en Sodoma?, a vida dos patriarcas, o nacemento da Pascua, a vida no deserto, no cume do Sinaí, as dez palabras, a morte de Moisés, Sansón contra os filisteos, a vocación de Samuel, o retorno da Arca, a casa de David, a orixe do clan humano, de Noé a Babel, Ezequiel, a sentinela, a claudicación de Xonás, a econstrución de Xerusalén son algunhas das pasaxes bíblicas interpretadas dende o coñecemento bíblico de Xosé Chao Rego. Un libro ilustrado a toda cor, en cada unha das súas páxinas, por Soledad Pite Sanjurjo e Pedro Ávila Durán, constítúe unha das máis atractivas edicións do texto bíblico en galego e a primeira ilustrada por artistas galegos.
No ventre do silencio

X.L. Méndez Ferrín

Edita:Xerais
PVP: conforme tarifa    

Sempre en Galiza

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Edita: Galaxia.
PVP: conforme tarifa

Novela ambientada na Compostela dos anos cincoenta, recontrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio.

Un libro imprescindible para comprender a historia e ao nacionalismo galego, unha aportación a cultura democrática.

Teoría do caos

Marilar Aleixandre


Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

Trece badaladas

Suso de Toro

Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

Hai quen deixa arder a súa man no lume en defensa da cidade e hai quen está disposto a cambiar unha man ou un brazo, unha marga ou a chaqueta enteira. Hai quen vendía o sangue para chegar a fin de mes.
Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Enteárase que nunca chegou as mans do productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida.

¿Que me queres amor?

Manuel Rivas
Edita:Galaxia
PVP: conforme tarifa

Relatos mariñeiros

Xosé Neira Vilas

Edita: Xerais.
PVP: conforme tarifa

Dezaseis narracións que rescatan a grandeza do pequeno, que enxergan o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar.   Vinte narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron.

Priscliano. Profeta conta o poder
Xosé Chao Rego
Edita: A Nosa Terra
PVP: conforme tarifa

O sexo, a muller e o crego

Xosé Chao Rego
Edita: Espiral Maior
PVP: conforme tarifa

En plena cerimonia de vodas entre a Igrexa e o Imperio, no século IV, matrimonio do que nace un fillo bravo chamado cristiandade, aparece un galaico singular que remove os alicerces dunha Igrexa establecida. Exerce a liberdade de palabra e, sendo laico, reivindica a igualdade dos bautizados, propiciando ás mulleres un lugar de igualdade nas comunidades. A oficialidade relixiosa e política terxiversan o seu pensamento e a súa actitude vital,e logo de decapitáreno en Tréveris é o primeiro mártir executado pola Igrexa co auxilio do brazo secular, o imperio. A súa figura perviviu nos seus seguidores durante séculos. Auténtico mito en Galicia, a voz de Prisciliano resoa como unha denuncia profética contar o Poder. ¿Quen é ese home?.

"A autoridade eclesiástica toma tan a peito a moral sexual, que disque é difícil atopar nalgunha universidade católica quen queira ser profesor de Teoloxía Moral, pois facilmente quedan sen cátedra e sen pan, se din o que pensan; e pensan o que case todo o mundo, pero só o confesan coa boca pequena, ficando nunha naturalidade artificiosa".

Lista de obras
    Galiza
 Páxinas