| Historia, etnografía Autores galeg@s contemporane@s Divulgación Lingua, dicionários Letras galegas Ferrolterra | |||||
|
Galiza |
|||||
![]() |
Os ollos da ponte Ramiro Fonte Edita: Edicións Xerais PVP: conforme tarifa |
|
Veu visitarme o mar Aneiros, Rosa Edita: Xerais PVP: conforme tarifa |
| Con “Os ollos da ponte”, segunda entrega da futura triloxía “Vidas de infancia”, Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, “Os meus ollos” (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, “Os ollos da ponte” ...(+)... | Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros. | ||
|
A man dos paínos |
![]() |
Galicia e o mar Oscar Pazos, Xosé M. Cerviño, Juan H. Losada Edita: Nigratrea. PVP conforme tarifa |
Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos paíños. |
Este libro é unha pequena viaxe pola vida e historia do mar na Galiza, conquistado polas súas xentes no facer social económico como pobo. Pretendese render unha homenaxe ás xentes que interrelacionaron a súa vida con este mundo acuático, para así poder construír os sólidos alicerces dun importantre entramado económico, capaz de vertebrar a Galicia costeira nas súas distintas épocas históricas, dende os tempos castrexos ata a actualidade. |
||
![]() |
Os dous de sempre Castelao Edita: Galaxia. PVP conforme tarifa |
|
Manuel María
Homenaxe ao poeta a cargo de escritores da Galiza Edita: Asociación Cultural Xermolos. |
| Un libro fondo e sinxelo, cheo de gracia, tenrura e melancolía, no que un Castelao lírico e agudo logrou plasmar a sús visión esencial do pobo galego. |
Libro homenaxe a Manuel María. Estudio da súa obra por escritores e amigos contemporáneos. | ||
| Cancioneiro da poesía céltica Julius Pokorny Edita: Galaxia. PVP: conforme tarifa |
![]() |
As Contrucición Adxetivas A Casa Popular CADERNOS MUSEO DO POBO GALEGO PVP conforme tarifa |
|
| É a traducción galega feita por Celestino F. Vega e Ramón Piñeiro, do libro Altkeltische Dichtungen publicado en Berna no ano 1944. Este texto foi premiado por "Bibliófilos Gallegos" e supuxo en 1951 un acontecimento editorial, tanto polo interese dos poemas, como pola súa novidade. Dende entón, este fermoso cancioneiro se convertiu nunha xoia bibliográfica. | A colección Cadernos do Museo do Pobo Galego ofrece unha achega á divulgación de aspectos concretos da cultura de Galiza, no que atinxe á arquitectura popular e ó medio humano, condicionados ámbolos dous polo medio físico. | ||
![]() |
Vento ferido |
![]() |
A rocha dos proscritos Ramiro Fonte Edita: Tambo. PVP conforme tarifa |
| Este libro marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega. Publicados por vez primeira en 1967, estes contos revelan en apretada sintese os temas e preocupacións que Casares desenvolvería ó longo da súa obra literaria. |
Poesía. A poesía de Ramiro Fonte foi traducida ó español, cataán, italiano,francés e inglés. |
||