| Historia, etnografía Autores galeg@s contemporane@s Divulgación Lingua, dicionários Letras galegas Ferrolterra | |||||
|
Galiza |
|||||
![]() |
L' affiche rouge Regueira, Mario |
![]() |
Os libros arden mal Rivas, Manuel Edita: Xerais |
L' affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai moito tempo ficou sen resolver polas xeracións precedentes. L' affiche rouge é o retrato dunha xeración que vai ao encontro dunha realidade que non é a prometida, senón un mundo onde a propia identidade persoal é sometida a constantes negacións e agresións nun contexto globalizado e xerarquizado. Os protagonistas adoptarán unha serie de posturas distintas que van desde a completa inhibición até unha revolucionaria e gozosa celebración da diverxencia. Entroncando coa tradición do bildungsroman, ou novela de aprendizaxe, os personaxes atópanse inmiscuídos nun proceso de formación do que o fracaso e a ausencia dos referentes agardados é unha constante. |
O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: “Non se pode falar nin calar sen perigo”. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. ... (+) | ||
![]() |
María das BatallasAlfredo Conde Ano de Publicación. 2007 |
López Silva, Inma Edita: Galaxia |
|
Volve Alfredo Conde recrear a Historia nunha novela, desta volta trátase da defensa da cidade da Coruña fronte ás tropas de Sir Francis Drake, episodio no que se forxou o mito de María Pita. A súa nova novela, titulada “María das Batallas” e publicada por Editorial Galaxia na colección Literaria, é un fresco vivo daquel tempo, unha narración na que os propios protagonistas relatan os feitos desde diferentes puntos de vista. |
New York, New York é un diario escrito co ritmo dos filmes norteamericanos e con banda sonora de Frank Sinatra. Por moitas películas que vexamos e por moitas novelas que leamos, nunca se coñece de verdade Nova York ata que se vive dentro dela, no corazón, nas tripas dunha cidade que ás veces nos cospe e outras nos acubilla agarimosamente. Inma López Silva combina realidade e ficción, toques de comedia e tons de desarraigamento. Sensacións, vivencias e ideas que transmite co senso do humor e o absurdo, coa linguaxe directa que flúe polas rúas de Manhattan. |
||
| Árbores de Galiza Leiro, Adela; Daporta, Mon; Caamaño Rivas, Victor M.; Núñez Pérez,M.; Pontanilla Pérez, I; Colazo Pazó, X. Edita: A Nosa Terra |
![]() |
Ferroláns na Historia da Literatura Galega. Dacosta, Henrique |
|
Unha gran guía das árbores da Galiza, acompañada por marabillosas fotografías. |
O libro non pretende ser unha historia da literatura senón máis ben un estudo de natureza bio-bibliogáfica. Ferrol representa, sen dúbida ningunha, a cabeceira da comarca, o punto de referencia doutros concecllos. Así, os escritores estudados neste libro son no só os que tiveron as terras de Ferrol cono lugar de nacenza, senón tamén os que se criaron nel e os que se asentaron nesta comarca a desenvolver a súa visa profesional. Moitos son escritores dados por esta comarca á nómina literaria galega. Este libro sistematiza cronoloxías e autores e pretende ser exhaustiva. Da Idade Media ao momento actual, a práctica totalidade da literatura galega feita en Ferrol recóllese nas páxinas deste traballo de Henrique Dacosta, unha homenaxe á cultura da cidade, mestura de racionalidade e imaxinación, e unha defensa deo seu papel en Galiza. |
||
![]() |
EumeMolina, Cesar Antonio |
![]() |
CanículaMariña Pérez Rei |
O autor recupera as palabras da tribo a través das augas do Eume, no que se reflicten todosos ríos do mundo. O fluír da vida con Galicia como centro: desde a fraga de Caaveiro ao Ganxes, do Éufrates ao Moldava, do Brahmaputa ao Hudson. O río como patria da palabra, cambiante e sinuosa, extensa e contida nas súas marxes, ruído e rumor ao tempo. Da experiencia viaxeira do poeta mana unha obra de depurada expresión, na que lugares, lembranzas e emocións abrollan como literatura en perpetuo movemento. |
O cambio climático condiciona a vida na Galicia do futuro. Os exiliados resisten as temperaturas extremas nos desertos áridos do interior, mentres os habitantes libres do andazo sobrevivenen en grandes plataformas flotantes no mar, afastados do territorio da enfermidadee supostamente amparados por unha sociedade perfecta. Neste reduto da civilización, os sucesos fantásticos mestúranse cos acontecementos cotiáns, facendo difícil distinguir a realidade da ficción e creando unha enganosa impresión da existencia. Os cidadáns viven sometidos ao rigoroso control da Torre Aloia, o ollo orwelliano que vixía os seus actos, e porén, fuxindo do determinismo ambiental e do horror dos seres prefabricados, o Capitán Silva loita contra o uniformismo nunha fuxida cara a adiante, na procura desesperada da memoria e da identidade. O fío condutor da novela Canícula é a soidade humana, alimentada polo avance da deshumanización e o silencio nun ambiente sórdido. A obsesión dos seus protagonistas é fuxir da canícula interior, do pensamento único. O seu desexo é poder sentir á fin o recendo dunha liberdade real. |
||
![]() |
Adiviñanceiro popular galegoIlustración. Lorenzo, Fino Ano de Publicación. 2007 |
![]() |
Outro mundo é posíbel: O reino da necesidade de Vandana Shiva Anna Cervera i Iglesias |
| A adiviña é unha “enxeñosa descrición en verso dunha mensaxe que o receptor debe descubrir”. Neste adiviñanceiro dáse a coñecer boa parte do corpus adiviñancístico galego, que pacientemente foron recollendo os autores a salto de aldea, e que queda dividido en distintos mundos coma o dos animais, os vexetais, as cousas… E, como no xornalismo, no que a foto é a credencial da noticia, inclúese tamén unha serie de magníficos gravados de Fino Lorenzo para arroupar este Adiviñanceiro popular galego que acaba de nacer. | Hai moitas e diversas maneiras xa de achegarse, xa de profundar na reflexión sobre a crise ecolóxica ou a globalización en xeral, ou, máis en concreto, sobre a enxeñería xenética, a biotecnoloxía, a produción e a reprodución, o libre comercio, a pobreza, a saúde, a alimentación. Unha das mellores vías en tanto que abrangue ambas as dúas posibilidades, ao meu entender, é a que ofrece o pensamento e a práctica ecofeminista de Vandana shiva, de aí que comece por subliñar que é un acerto a publicación dun libro como este de Anna Cervera que contribúa a que se divulgue e discuta a obra dunha das mulleres máis activas, coñecidas e recoñecidas, a nivel mundial, tanto desde o feminismo como do ecoloxismo ou dos movementos alterglobalización. As razóns para introducírmonos na súa visión abondan. A súa formación científica, o ser unha voz do Sur, o seu compromiso práctico cos pobres da terra e, nomeadamente, coas mulleres, presente e patente nos seus textos e nas súas intervencións en distintos foros internacionais, fornecen a crítica a un desenvolvemento e crecemento económico xerador de desigualdades, pobreza e degradación do mundo natural, tanto a nivel local como global. Un pensamento e un ha práctica que responde con contundencia ao que se xulga como un "mal desenvolvemento" e que, pola contra, adoita unha perspectiva de subsistencia, aquela que parte das necesidades fundamentais da vida. | ||