Achegamento ao sentido de humor e a clarividencia dun dos personaxes máis fértiles e relevantes da Galicia do noso tempo: Isaac Díaz Pardo. Merecedor de innumerables premios e recoñecementos, proxectou a creación dunha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia, convertidas logo en realidade, como a restauración do complexo de Sargadelos e o seu Seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, e o Instituto Galego de Información. Neste documental fala o propio Don Isaac e mais dúas ducias de personalidades máis. Estrea 28/9/07.
a menú |