1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza, Marisa, é filla dun home de negocios cercano ós fascistas e oponse á súa relación. Cando comeza a Guerra Civil, Daniel é detido polo garda Herbal e trasladado á cadea. Os presos, sempre vixiados polo sombrío Herbal, tratan de superar a angustia do encerro utilizando a imaxinación. Mentres, o pai de Marisa intenta que a filla case cun militar, pero ela négase a renunciar a Daniel e loita por liberalo. En prisión, os falanxistas comezan a fusilar presos clandestinamente. Pronto lle tocará a Daniel. E entón estará en mans de Herbal, o centinela que se debate entre a violencia e a conciencia e que agacha un perigoso segredo que o une a Daniel. Historia baseada na novela homónima de Manolo Rivas.
Ficha artística
Axudante de dirección: / Julián Núñez
Deseño de decorados: / Rodrigo Roel
Dirección: / Chano Piñeiro
Dirección fotografía: / Miguel Ángel Trujillo
Figurinista: / Yolanda Alimbau
Guionista: / Chano Piñeiro
Intérpretes: / Manuel Alonso Pérez / Uxía Blanco / Manuel Botana / Roberto Casteleiro / Margarita Fernández / Roberto Fernández / Miguel Ángel Gómez / Miguel Ínsua / Loles León / Xavier R. Lourido / Aurora Redondo / Javier Rocha / Rodrigo Roel / Gisela Romero / Roberto Vidal Bolaño / María Viñas / Roberto “Txaka” Escudero
Maquillaxe: / Mariano G. Rey
Montaxe: / Cristina Otero
Música: / Pablo Barreiro / Carlos Ferrant / Marcial Prado
Produción: / M. Martínez Mallo
Xefatura de produción: / Rafael Girón
a menú |